Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
2007 (MMVII ) foi designado:
O Ano do porco , segundo o horóscopo chinés .
O Ano Iternacional da Heliofísica .
O Ano Polar Internacional .
O Centenario do Movemento Scout , tamén coñecido como escultismo .
1 de marzo : dá comezo a campaña pola Puntualidade e o Respecto no Perú , promulgada polo presidente da República Alan García .
7 de marzo : eleccións lexislativas en Irlanda do Norte , un dos últimos pasos marcados no Acordo de Venres Santo para garantir a autonomía da zona.
11 de marzo : atentado suicida nun cibercafé de Casablanca , Marrocos .
12 de marzo : como parte dos festexos polo 258º aniversario da fundación de Reynosa , Tamaulipas , celébrase un encontro amigábel de baloncesto , nunha ponte transfronteiriza, entre un equipo mexicano e outro estadounidense.
16 de marzo : promúlgase a lei que crea en Chile a XIV Rexión dos Ríos . A presidenta Michelle Bachelet asina o decreto, na cidade de Valdivia (capital da nova rexión), para formar a primeira das dúas novas rexións político-administrativas , que serán efectivas en seis meses.
23 de marzo : promúlgase a lei que crea en Chile a XV Rexión de Arica-Parinacota . A presidenta Michelle Bachelet asina o decreto, na cidade de Arica (capital da nova rexión), para formar a segunda das dúas novas rexións político-administrativas , que se farán efectivas en seis meses.
23 de marzo: lanzamento da PlayStation 3 en Europa , Asia e Australia .
23 de marzo: forzas navais da Garda Revolucionaria de Irán capturan a persoal da Mariña Real Británica .
27 de marzo : Michelle Bachelet , presidenta de Chile , fai un profundo cambio dentro dos seus ministerios tras unha crise política.
6 de xullo - Cúmprese o primeiro centenario do nacemento de Frida Kahlo , pintora mexicana recoñecida mundialmente.
7 de xullo - Daranse a coñecer as novas Sete marabillas do mundo .
Terán lugar a mediados de xullo de 2007 cinco competencias intelectuais internacionais:
O oitavo National Geographic World Championship (Campionato Mundial de Xeografía), en San Diego , Estados Unidos .
A 38va Olimpiada internacional de Física , do 13 ao 22 de xullo en Isfahan , Irán .
A 18va Olimpiada Internacional de Bioloxía , do 15 ao 22 de xullo en Saskatoon , Canadá .
A 39na Olimpiada Internacional de Química , do 15 ao 24 de xullo en Moscova , Rusia .
A 48va Olimpiada Internacional de Matemática , do 19 ao 31 de xullo en Hanoi , Vietnam .
Os membros do COI votarán para escoller á cidade anfitrioa dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 durante a reunión a celebrar en Guatemala .
O Airbus A300 deixará de producirse despois de 35 anos.
2 de outubro : Entra en vixencia en Chile a XIV Región de Los Ríos , con capital Valdivia .
4 de outubro : Colombia : Unha avioneta estrélase no barrio Fontibón de Bogotá tras engalar do aeroporto Eldorado morrendo sete persoas.
4 de outubro: no parque nacional de Tsolofelo (Botswana ) é enterrado o cadáver repatriado do Negro de Bañolas , o cadáver embalsamado dun varón da etnia san (chamado pexorativamente «bosquimán»), que desde 1916 se exhibía como atracción turística no museo Darder de Bañolas (Cataluña).
7 de outubro : Efectúase en Costa Rica o primeiro referendo da súa historia, que resulta na ratificación da CAFTA .
8 de outubro : Colombia : Un avión estrélase na montaña no departamento do Meta morrendo dezaoito persoas (15 militares e 3 tripulantes).
9 de outubro : Entra en vixencia en Chile a XV Región de Arica-Parinacota , con capital Arica .
13 de outubro : Colombia : Falecen 22 persoas ao derrubarse unha mina nas aforas de Suárez (Cauca ).
18 de outubro : Sae para a súa descarga Ubuntu 7.10 (Gutsy Gibbon).
19 de outubro : O grupo de rock arxentino Soda Stereo inicia a súa xira latinoamericana "Me verás volver", que os leva aos escenarios logo de 10 anos de separación.
20 de outubro : O ex presidente da Generalitat de Cataluña e ex alcalde de Barcelona , Pasqual Maragall , anuncia que padece un principio da enfermidade de Alzheimer .
24 de outubro : Lanzamento da sonda lunar chinesa Chang'e 1 .
28 de outubro : Inundación de Tabasco e Chiapas , causada polas fortes choivas no sueste mexicano.
28 de outubro: Eleccións presidenciais na Arxentina , vence Cristina Fernández de Kirchner na primeira volta.[ 2] Toma posesión o día 10 de decembro de 2007.
28 de outubro: Eleccións locais e rexionais na República de Colombia .
28 de outubro: Beatificación na Praza de San Pedro do Vaticano de 498 mártires españois da guerra civil en España .
4 de novembro : en Guatemala celébrase a segunda volta das eleccións a presidente e vicepresidente, quedando como vencedor o socialdemócrata Álvaro Colom .
5 de novembro : a sonda chinesa Chang'e 1 entra en órbita lunar.
7 de novembro : un estudante mata a nove persoas nun instituto finlandés tras anuncialo na Internet .
10 de novembro : sesión final do XVII Cumio Iberoamericano de Xefes de Estado e de Goberno celebrada en Santiago de Chile , onde se escoita o famoso ¿Por qué no te callas? .
11 de novembro : asasinato de Carlos Palomino no metro de Madrid por un neonazi.
13 de novembro : o dereitista Anders Fogh Rasmussen asegúrase a súa terceira elección como primeiro ministro de Dinamarca , tras a súa vitoria nas eleccións anticipadas ao Parlamento .
14 de novembro : terremoto en Tocopilla (Chile ) de grao 8,2 na Escala de Richter .
15 de novembro : Formado no golfo de Bengala , o ciclón Sidr , de Categoría 4 , aproxímase aos distritos costeiros de Bangladesh , obrigando a decenas de miles de persoas fuxir da zona. (BBC)
18 de novembro : o Ciclón Sidr , con categoría 4 na escala de furacáns de Saffir-Simpson , causa, polo menos, 1.700 mortos no seu paso por Bangladesh .
20 de novembro : publícanse dous artigos nas revistas Science e Cell onde dous grupos independentes anuncian que lograron xerar células nai a partir de fibroblastos humanos. Este é considerado un dos avances máis importantes neste campo de estudo.[ 3]
21 de novembro : o ex-presidente da República Francesa , Jacques Chirac , é imputado por un delito de desvío de fondos a membros do seu partido durante o seu mandato como Alcalde de París de 1977 a 1995 .
23 de novembro : o MS Explorer choca cun iceberg , ninguén morre e os pasaxeiros son levados á Base Frei .
24 de novembro , cúmprense 50 anos da morte de Diego Rivera , pintor mexicano recoñecido internacionalmente, esposo de Frida Kahlo.
1 de decembro : membros de ETA asasinan dous gardas civís na localidade francesa de Capbreton, a 30 quilómetros da fronteira vasco-francesa.
2 de decembro : a vixésimo primeira edición da Teletón en Chile cumpre a meta de recadar CLP 13 255 231 970, equivalentes a US$ 26 247 984.
2 de decembro : o proxecto de reforma constitucional de Venezuela , apoiado por Hugo Chávez , é rexeitado a través dun plebiscito polo 50,7% dos votos.
4 de decembro : ábrese o novo túnel Juan Carlos I.
5 de decembro : un mozo de 19 anos asasina cun fusil 8 persoas e suicídase nun centro comercial da cidade de Omaha , no estado de Nebrasca , Estados Unidos .
6 de decembro : o naufraxio do petroleiro hongkonés Hebei Spirit verte ao mar máis de 10 000 toneladas de cru fronte á costa do parque natural Taean Haean de Corea do Sur .
8 de decembro : despois de 80 días de actividades conclúe en Monterrey , México , o Fórum Universal das Culturas .
9 de decembro : o Goberno de Venezuela adopta o fuso horario GMT -4:30. O cambio produciuse ás 3:00 am, hora local.
10 de decembro : Cristina Fernández de Kirchner asume a presidencia da Arxentina , sucedendo o seu marido Néstor Kirchner . É a primeira muller electa para tal cargo no país.
10 de decembro : Led Zeppelin dá un concerto no O2 Arena despois de 19 anos sen tocar xuntos.
11 de decembro : primeira liña regular de tren entre Corea do Sur e do Norte tras 56 anos.
11 de decembro : dúas bombas acaban con máis de 50 persoas nun dobre atentado en Alxer .
21 de decembro : centenario da matanza da Escola Santa María de Iquique .
22 de decembro : inaugúranse en España dúas liñas máis de trens de alta velocidade: Madrid-Segovia-Valladolid e Madrid-Málaga.
27 de decembro : Benazir Bhutto , ex-primeira ministra de Paquistán (1988 -1990 e 1993 -1996 ) e líder da oposición é asasinada nun ataque terrorista na cidade paquistaní de Rawalpindi . Un terrorista suicida disparoulle dúas veces, inmolándose posteriormente e causando a morte de, polo menos, 30 persoas.
1 de xaneiro
2 de xaneiro - Teddy Kollek , político israelí e alcalde de Xerusalén entre 1965 e 1993 (n. 1911 ).
4 de xaneiro
5 de xaneiro - Momofuku Andō , creador da sopa instantánea Ramen (n. 1910 ).
6 de xaneiro
7 de xaneiro - Ursicino Martínez , escultor español (n. 1932 ).
8 de xaneiro - Yvonne De Carlo , actriz estadounidense, de orixe canadense (n. 1922 )
9 de xaneiro
13 de xaneiro - Michael Brecker , saxofonista de jazz (n. 1949 )
14 de xaneiro - Joseph Meng Ziwen , bispo chinés (n. 1903 )
15 de xaneiro - Bo Yibo , político chinés (n. 1908 ).
17 de xaneiro - Sarjat Rashidova , supercentenaria rusa (n. 1875 ).
18 de xaneiro
19 de xaneiro
20 de xaneiro - Eusebio Cimorra , xornalista español (n. 1908 ).
22 de xaneiro
23 de xaneiro - Ryszard Kapuściński , escritor polaco (n. 1932 ).
24 de xaneiro
27 de xaneiro - Claudio Guillén , escritor e académico español (n. 1924 ).
28 de xaneiro
29 de xaneiro - Robert Meier , militar alemán (n. 1897 ).
30 de xaneiro - Sidney Sheldon , escritor e guionista estadounidense (n. 1917 ).
31 de xaneiro - Adelaide Tambo , activista surafricana (n. 1929 ).
1 de febreiro
3 de febreiro
5 de febreiro - Barbara McNair , actriz e cantante estadounidense (n. 1935 ).
6 de febreiro - Frankie Laine , cantante estadounidense (n. 1913 ).
7 de febreiro
8 de febreiro
9 de febreiro
12 de febreiro
13 de febreiro - Alicia Bruzzo , actriz arxentina (n. 1955 ).
15 de febreiro - Robert Adler , enxeñeiro estadounidense de orixe austríaca (n. 1913 ).
16 de febreiro - Alfonso Silva Placeres , futbolista español (n. 1926 ).
17 de febreiro - Maurice Papon , político francés (n. 1910 ).
20 de febreiro - Carl-Henning Pedersen , pintor danés (n. 1913 ).
22 de febreiro - Howard Ramsey , militar estadounidense (n. 1898 ).
23 de febreiro - Pascal Yoadimnadji , político e primeiro ministro chadiano (2005 -2007) (n. 1950 ).
24 de febreiro - Bruce Bennett , actor estadounidense (n. 1906 ).
26 de febreiro - Jorge Franco , comediante chileno (n. 1946 ).
28 de febreiro - Charles Forte , empresario británico (n. 1908 ).
1 de marzo
2 de marzo - Henri Troyat , escritor e historiador francés (n. 1911 ).
3 de marzo - Pompín Iglesias , actor cómico mexicano (n. 1926 ).
4 de marzo - Josep Maria Huertas Clavería , xornalista catalán (n. 1939 ).
6 de marzo
7 de marzo - Ernest Gallo , empresario estadounidense (n. 1909 ).
8 de marzo
9 de marzo
10 de marzo - Ricardo Espalter , actor uruguaio (n. 1924 ).
12 de marzo
14 de marzo - Inmaculada Echevarría , tetrapléxica española (n. 1955 ).
15 de marzo - Stuart Rosenberg , director de cine estadounidense (n. 1927 ).
16 de marzo
17 de marzo - John Backus , informático estadounidense (n. 1924 ).
18 de marzo - Ernst Haefliger , tenor suízo (n. 1919 ).
21 de marzo - Sven O. Høiby , xornalista noruegués (n. 1936 ).
23 de marzo - Manuel Ramírez Fernández de Córdoba , periodista español (n. 1948 ).
25 de marzo - Andranik Markarián , político armenio (n. 1951 ).
27 de marzo
29 de marzo - Lloyd Brown , centenario estadounidense e último veterano da mariña estadounidense da Primeira Guerra Mundial (n. 1901 ).
31 de marzo - Paul Watzlawick , psicólogo, sociólogo e filósofo austríaco (n. 1921 ).
1 de abril
2 de abril - Henry L. Giclas , astrónomo estadounidense (n. 1910 ).
5 de abril
6 de abril - Luigi Comencini , cineasta italiano (n. 1916 ).
7 de abril
12 de abril - Jiří Rulf , poeta checo (n. 1947 ).
13 de abril - Hans Koning , escritor estadounidense (n. 1921 ).
14 de abril
17 de abril - Itchō Itō , político xaponés (n. 1946 ).
19 de abril
20 de abril - Andrew Hill , músico e compositor de jazz estadounidense (n. 1937 ).
23 de abril - Boris Eltsin , político e presidente ruso (1991 -1999 ) (n. 1931 ).
25 de abril - José Watanabe , poeta e guionista peruano (n. 1945 ).
26 de abril - Conchita Montenegro , modelo, bailarina e actriz española (n. 1911 ).
27 de abril - Mstislav Rostropovich , violonchelista ruso.
30 de abril
1 de maio
2 de maio - Juan Valdivieso Padilla , futbolista peruano (n. 1910 ).
4 de maio
5 de maio - Gusti Wolf , actriz austríaca (n. 1912 ).
6 de maio
7 de maio - Emma Lehmer , matemática americana de orixe rusa (n. 1906 ).
8 de maio - Diego Chico Corrales , boxeador estadounidense de orixe mexicana (n. 1977 ).
9 de maio
11 de maio : Malietoa Tanumafili II , xefe de estado samoano entre 1963 e 2007 (n. 1913 ).
12 de maio : José Barros , cantante colombiano (n. 1915 ).
13 de maio
14 de maio
15 de maio - Giorgio Cavaglieri , arquitecto estadounidense de orixe italiana (n. 1911 ).
17 de maio - Cameron Macauley , fotógrafo estadounidense (n. 1923 ).
20 de maio
23 de maio - Pierre-Gilles de Gennes , físico e matemático francés (n. 1932 ).
24 de maio
27 de maio
28 de maio
30 de maio - Cacho Tirao , músico e guitarrista arxentino (n. 1941 ).
31 de maio - Jean-Claude Brialy , actor francés (n. 1933 ).
1 de xuño
2 de xuño
3 de xuño - Franky Linero , actor colombiano (n. 1940 ).
4 de xuño
5 de xuño - Giovanni Antonio Carta , supervivente da Primeira Guerra Mundial italiano (n. 1900 ).
6 de xuño - Enrique Fuentes Quintana , político e economista español (n. 1924 ).
7 de xuño - Elias Wen , clérigo máis ancián da igrexa ortodoxa (n. 1896 ).
8 de xuño
9 de xuño - Rudolph Arnheim , psicólogo e filósofo alemán (n. 1904 ).
11 de xuño - Carlos Fanlo Malagarriga , maxistrado e articulista de prensa español (n. 1949 ).
12 de xuño
13 de xuño
14 de xuño
18 de xuño
19 de xuño
20 de xuño - Antonio Aguilar Barraza , cantante mexicano (n. 1919 ).
24 de xuño - Chris Benoit , loitador profesional canadense (n. 1967 ).
25 de xuño
26 de xuño
27 de xuño - Emilio Ochoa , político cubano (n. 1907 ).
28 de xuño - Kiichi Miyazawa , político e primeiro ministro xaponés (1991 -1993 ) (n. 1919 ).
1 de xullo
2 de xullo - Beverly Sills , cantante de ópera estadounidense (n. 1929 ).
3 de xullo - Paolo Salvatore , cantante chileno-italiano (n. 1940 ).
4 de xullo
5 de xullo - Kerwin Mathews , actor estadounidense (n. 1926).
9 de xullo - Charles Lane , actor estadounidense (n. 1905 ).
11 de xullo
12 de xullo - Manuel "Chino" Cam Ayllón , músico e pianista peruano.
18 de xullo - Jerry Hadley , tenor estadoinidense (n. 1952 ).
19 de xullo - Roberto Fontanarrosa , humorista gráfico e escritor arxentino (n. 1944 ).
20 de xullo - Golde Flami , actriz arxentina (n. 1918 ).
21 de xullo - Jesús de Polanco , empresario español (n. 1929 ).
22 de xullo
23 de xullo - Mohammed Zahir Shah , rei afgán (1933 –1973 ) (n. 1914 ).
24 de xullo - George Tabori , director de teatro alemán (n. 1913 ).
25 de xullo - Jesse Marunde , atleta de forza e halterófilo estadounidense (n. 1979 ).
26 de xullo - Francisco de Moxó y de Montoliu , historiador catalán (n. 1930 ).
27 de xullo - Gabriel Cisneros , político español, un dos pais da Constitución Española (n. 1940 ).
29 de xullo - Michel Serrault , actor francés (n. 1928 ).
30 de xullo
1 de agosto
2 de agosto - Carmen Cerdeira , escultora española (n. 1958 ).
4 de agosto
5 de agosto
7 de agosto - Ernesto Alonso , produtor, director e actor mexicano (n. 1917 ).
8 de agosto - Nicolau Casaus , dirixente de club de fútbol español (1978 –2003 ) (n. 1913 ).[ 5]
10 de agosto
11 de agosto
12 de agosto - Mike Wieringo , debuxante de cómics estadounidense de orixe italiana (n. 1963 ).
13 de agosto
16 de agosto - Max Roach , músico de jazz estadounidense (n. 1925 ).
17 de agosto - Eddie Griffin , xogador de baloncesto estadounidense (n. 1982 ).
19 de agosto
20 de agosto - Guillermo Ballina Menéndez , sindicalista e político español (n. 1945 ).
22 de agosto - Grace Paley , escritora e activista política norteamericana.
24 de agosto - Abdul Rahman Arif , presidente iraquí (1966 –1968 ) (n. 1916 ).
25 de agosto - Raymond Barre , economista, político e primeiro ministro francés (1976 –1981 ) (n. 1924 ).
26 de agosto
27 de agosto - Emma Penella , actriz española (n. 1931 ).
28 de agosto
29 de agosto
30 de agosto - José Luis de Vilallonga , escritor, xornalista e aristócrata español (n. 1919 ).
2 de setembro - Rajaa Belmlih , cantante marroquí (n. 1962 ).
3 de setembro - Mária Szepes , escritora húngara (n. 1908 ).
4 de setembro
5 de setembro
6 de setembro - Luciano Pavarotti , tenor italiano (n. 1935 ).
7 de setembro - Yolanda Montecinos , xornalista chilena (n. 1927 ).
8 de setembro - Ramón Cardemil , xinete de rodeo chileno (n. 1917 ).
9 de setembro - Helmut Senekowitsch , futbolista e adestrador austríaco (n. 1933 ).
10 de setembro - Jane Wyman , actriz estadounidense (n. 1917 ).
10 de setembro - Anita Roddick , foi unha empresaria inglesa do ramo da cosmética e tamén escritora. (n. 1942 )
11 de setembro - Gene Savoy , explorador estadounidense (n. 1927 ).
13 de setembro - Plazida Insausti , supercentenaria vasca (n. 1896 ).
14 de setembro - Linead Ustrewq , fundador do Metro de Moscova (n. 1898 ).
15 de setembro
19 de setembro - Antoine Ghanem , político libanés (n. 1943 ).
20 de setembro - Myra Nicholson , supercentenaria australiana (n. 1894 ).
22 de setembro - Marcel Marceau , mimo francés (n. 1923 ).
24 de setembro
28 de setembro - Adam Kozłowiecki , arcebispo polaco (n. 1911 ).
29 de setembro - Lois Maxwell , actriz canadense (n. 1927 ).
30 de setembro - Milan Jelić , político e presidente serbio (2006 –2007) (n. 1956 ).
2 de outubro
3 de octubre
4 de outubro - Carlos Llamas , xornalista español (n. 1954 ).
7 de outubro - Norifumi Abe , piloto de motos xaponés (n. 1975 ).
8 de outubro - Constantine Andreou , pintor e escultor franco-grego (n. 1917 ).
12 de outubro
16 de outubro
17 de outubro - Germán Espinosa , escritor colombiano (n. 1938 ).
20 de outubro - Juan Antonio Cebrián , escritor e xornalista español (n. 1965 ).
21 de outubro - Ronald Kitaj , pintor estadounidense (n. 1932 ).
24 de outubro - Rodolfo Aicardi , cantautor colombiano (n. 1946 ).
26 de outubro - Arthur Kornberg , bioquímico estadounidense, Premio Nobel de Medicina en 1959 (n. 1918 ).
30 de outubro - John Woodruff , atleta estadounidense (n. 1915 ).
31 de outubro
1 de novembro - Paul Tibbets , piloto estadounidense (n. 1915 ).
2 de novembro
3 de novembro - Germán de Argumosa , parapsicólogo español (n. 1920 ).
5 de novembro
7 de novembro - Alejandra Meyer , actriz mexicana (n. 1937 ).
9 de novembro
10 de novembro - Norman Mailer , escritor estadounidense (n. 1923 ).
12 de novembro - Ira Levin , escritor estadounidense (n. 1929 ).
14 de novembro - Bertha Fry , supercentenaria estadounidense (n. 1893 ).
17 de novembro - Gregorio López Raimundo , político español (n. 1914 ).
21 de novembro - Fernando Fernán Gómez , escritor, actor e director de cine español (n. 1921 ).
22 de novembro - Maurice Béjart , bailarín e coreógrafo francés (n. 1927 ).
23 de novembro - Francesc Candel , escritor e xornalista español (n. 1925 ).
25 de novembro
27 de novembro - Paul Loustau , actor español de orixe francesa (n. 1978 ).
30 de novembro - Evel Knievel , temerario estadounidense (n. 1938 ).
1 de decembro - Ken McGregor , xogador de tenis australiano (n. 1929 ).
4 de decembro - Pimp C , rapeiro estadounidense (n. 1973 ).
5 de decembro - Karlheinz Stockhausen , compositor alemán (n. 1928 ).
11 de decembro
12 de decembro
13 de decembro - Víctor Sueiro , xornalista e presentador de televisión arxentino (n. 1943 ).
14 de decembro - Hryhoriy Nestor , supercentenario ucraíno (n. 1891 ).
16 de decembro
17 de decembro - Luis Demetrio , compositor mexicano (n. 1931 ).
20 de decembro - Russell Coffey , veterano da Primeira Guerra Mundial estadounidense (n. 1898 ).
22 de decembro - Julien Gracq , escritor francés (n. 1910 ).
23 de decembro - Oscar Peterson , pianista de jazz canadense (n. 1925 ).
24 de decembro
27 de decembro
28 de decembro - Xosé Cuíña , político galego.
29 de decembro - Phil O'Donnell , futbolista británico (n. 1972 ).
30 de decembro - Xaime Quessada , pintor, gravador, escenógrafo e artista galego (n. 1937 ).
Do 18 ao 28 de xaneiro de 2007, Torneo de Wijk aan Zee .
Torneo de xadrez Linares (España) - Morelia (Mexico) do 16 de febreiro ao 11 de marzo de 2007.
Campionato do Mundo, en México , do 12 de setembro ao 1 de outubro de 2007. Os oito mellores axedrecistas do mundo enfrontáronse a dobre volta.