2016
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
|
Este artigo (ou sección) está desactualizado. A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
|
|
Este artigo ou sección refírese a un tema de actualidade. A información fornecida aquí pode cambiar en calquera momento segundo avanza o evento, e os informes inicias poden ser pouco fiables. Por favor, non achegues datos especulativos e lembra incluír referencias e citar as fontes. |
| 2016 | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Calendario gregoriano | 2016 MMXVI |
||||||||||||||||||
| Ab urbe condita | 2769 | ||||||||||||||||||
| Calendario armenio | 1465 | ||||||||||||||||||
| Calendario chinés | 4712 – 4713 | ||||||||||||||||||
| Calendario hebreo | 5776 – 5777 | ||||||||||||||||||
| Calendario hindú | |||||||||||||||||||
| · Vikram Samvat | 2071 – 2072 | ||||||||||||||||||
| · Shaka Samvat | 1938 – 1939 | ||||||||||||||||||
| · Kali Yuga | 5117 – 5118 | ||||||||||||||||||
| Calendario persa | 1394 – 1395 | ||||||||||||||||||
| Calendario musulmán | 1438 – 1439 | ||||||||||||||||||
| Calendario rúnico | 2266 | ||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||
2016 foi un ano común do calendario gregoriano, que comezou en venres. Foi declarado Ano Valle-Inclán en conmemoración do 150 aniversario do seu nacemento. O Día das Letras Galegas estivo adicado a Manuel María.
Índice
Acontecementos[editar | editar a fonte]
Xaneiro[editar | editar a fonte]
- 2 de xaneiro: Arabia Saudí executa corenta e sete persoas por terrorismo.[Cómpre referencia]
- 5 de xaneiro: Na Asemblea Nacional de Venezuela asumen como deputados os 167 candidatos electos nas eleccións do 6 de decembro, dando inicio ao IV período lexislativo dese órgano.
- 13 de xaneiro: Quedan constituídas as novas Cortes Xerais de España e arranca a XI lexislatura trala celebración de Eleccións Xerais o 20 de decembro.
- 14 de xaneiro: Asume como Presidente da República de Guatemala Jimmy Morales ganador da Segunda Elección Presidencial en Guatemala.
- 16 de xaneiro: Tricentenario da promulgación dos Decretos de Nova Planta en Cataluña.
- 28 de xaneiro: A OMS anuncia un brote do virus de Zika.
Febreiro[editar | editar a fonte]
- 2 de febreiro Na Igrexa católica: Clausurarase o Ano da vida consagrada.
- 12 de febreiro Visita do papa Francisco a México, visitará cidades que ningún outro Papa visitou.
- 20 de febreiro Conclúe a visita do papa Francisco en México.
Marzo[editar | editar a fonte]
- 14 de marzo: a Axencia Espacial Europea e a Axencia Espacial Federal Rusa planean lanzar a articulación ExoMars Trace Gas Orbiter nunha misión a Marte.[1]
- 20 de marzo: en Tarragona, un accidente de autobus, no que viaxaban rapazas do Programa Erasmus, causa a morte de máis dunha ducia delas.
- 21 de marzo: un atentado terrorista con explosivos no aeroporto e no metro de Bruxelas causa máis de 30 mortos.
Abril[editar | editar a fonte]
- 3 de abril: máis dun cento de persoas morreron nun incendio durante un espectáculo de fogos de artificio nun templo no estado de Kerala, no sur da India.
Maio[editar | editar a fonte]
- 9 de maio: Tránsito de Mercurio.
- 14 de maio: Final do festival de Eurovisión 2016 en Estocolmo. Gañou Jamala, de Ucraína, co tema "1944".
- 19 de maio: Un avión de pasaxeiros con orixe no Aeroporto de París-Charles de Gaulle e destino ao Cairo cae ao Mediterraneo con 66 persoas a bordo.
Xuño[editar | editar a fonte]
- 10 de xuño: inicio da Eurocopa 2016 en Francia
- 12 de xuño: en un club nocturno de Orlando, Florida, un home armado mata a 49 persoas.
Xullo[editar | editar a fonte]
- 9 de xullo: bicentenario da independencia da Arxentina. O papa Francisco visita a cidade de San Miguel de Tucumán para presidir o Congreso Eucarístico Nacional.
- 14 de xullo: Un camioneiro atropela intencionadamente aos peóns no Paseo dos Ingleses de Niza, matando a máis de 80 persoas.
- 25 de xullo ao 1 de agosto: en Cracovia (Polonia) celébrase a XIX Xornada Mundial da Xuventude coa presenza do papa Francisco.
Agosto[editar | editar a fonte]
- 5 de agosto: en Río de Janeiro (Brasil) inaugúranse os Xogos Olímpicos de 2016.
- 21 de agosto: clausúranse os Xogos Olímpicos do Río de 2016.
- 24 de agosto: un terremoto na rexión italiana de Lacio produce máis de douscentos mortos, centos de feridos e cuantiosos danos materiais.
Setembro[editar | editar a fonte]
- 9 de setembro: No Porriño descarrila un tren da liña Vigo-Porto. Morreron catro persoas e resultaron feridas máis de corenta.
Outubro[editar | editar a fonte]
- 10 de outubro:Tránsito do posible exoplaneta análogo á Terra KOI-4878.01.
Novembro[editar | editar a fonte]
- 8 de novembro: en EEUU celébranse eleccións presidenciais, resultando gañador Donald Trump.
- 8 de novembro: en Puerto Rico celébranse as eleccións xerais.
- 20 de novembro: un accidente ferroviario a uns 100 km de Kanpur, no estado indú de Uttar Pradesh, deixa máis de 140 mortos.
Decembro[editar | editar a fonte]
- 19 de decembro: Un camioneiro atropela intencionadamente aos peóns en Berlín, matando a unha ducia de persoas.
Mortes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Finados en 2016.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "ESA - Robotic Exploration of Mars: ExoMars Trace Gas Orbiter (TGO)" (en inglés). 24 de novembro de 2015. Consultado o 18 de decembro de 2015.