Zen
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
O zen (en chinés: 禪, pinyin: Chán, en chinés medio: dʑjen) é unha escola do budismo mahāyāna que xurdiu na China durante a dinastía Tang como Chán. Foi fortemente influenciado polo taoísmo, e desenvolveuse como un estilo chinés do budismo. Dende China, o Chán espallouse polo sur cara a Vietnam, ó nordeste a Corea e ó leste a Xapón, onde pasou a coñecerse como zen xaponés.[1]
O zen céntrase na práctica rigorosa da meditación, o coñecemento da natureza de Buda, e a expresión deste coñecemento na vida diaria, especialmente para o beneficio doutros.[2][3] Por iso, pon menos énfase no coñecemento de sutras e a doutrina,[4][5] favorecendo o entendemento a través de zazen e a interacción cun mestre consumado.[6]
O ensino de zen inclúe varias fontes de pensamento Mahāyāna, especialmente Yogācāra, os Sutras Tathāgatagarbha e a Huayan.[7][8] A literatura Prajñāpāramitā[9] e, en menor grao, Madhyamaka, tamén tiveron influencia na conformación da "lingua paradóxica" da tradición zen.
Índice
Características[editar | editar a fonte]
O Zen enfatiza o papel da meditación (zazen) na procura da iluminación. Ademais disto, o zen tense chamado "un xeito de vida, traballo e arte". A súa práctica básica é a meditación. Así o Zen non é un concepto, senón unha experiencia persoal. Dada a influencia do Taoísmo, o zen non fai fincapé no academicismo ou en cousas similares, e en vez diso concéntrase na meditación, o coñecemento non-racional do mundo e a maneira en que a mente reacciona a aquilo.
O Zen sostén que a meditación zazen é a mellor forma de práctica espiritual. Unha tradución aproximada de zazen é "meditación sentada". No zazen os practicantes toman a postura do loto, medio loto, birmana ou seiza. Os practicantes da escola Rinzai sentan mirando o centro do cuarto, mentres a práctica da escola Sôtô é sentar mirando un muro. Búscase ter conciencia completa da postura asumida e ás veces na respiración. Desta maneira, os practicantes buscan superar o pensar e tamén ser conscientes do universo.
Escolas zen[editar | editar a fonte]
Escolas de orixe posterior, en especial a escola Rinzai, desenvolveron os famosos koans, "adiviñas" ou "crebacabezas" paradoxais creadas para sacar a mente do seu pequeno terreo de racionalidade e levala a unha conciencia sen prexuízos. As escolas xaponesas da tradición zen son o Sôtô zen, o Rinzai zen e o Obaku zen. Orixinalmente formulado polo mestre Chinés Linji (Rinzai en Xaponés), a escola Rinzai foi introducida no Xapón no 1191 por Eisai. Dogen, quen estudara en Eisai, levou o Caodong, ou escola "zen Soto" ao Xapón desde China. Obaku foi introducido no século XVII por Ingen, un monxe chinés.
Zen e budismo[editar | editar a fonte]
Zen é considerado por algúns como non necesariamente unha relixión Budista , de feito algúns cristiáns teñen sido recoñecidos formalmente como mestre Zen. Zen a miúdo descrébese como “un xeito de vida”, sen depender nunha cultura en concreto.
Ao mesmo tempo, as institucións que apoian a práctica zen recoñécense como budistas e como seguidores dos ensinos de Gautama Buddha. Por iso, na práctica, o zen é unha clase de budismo.
Zen non é unha filosofía intelectual ou unha percura solitaria: o zen enfatiza na práctica meticulosa, incluíndo retiros periódicos para meditación. A práctica colectiva é valorada como un xeito de escapar das trampas do “ego”.
Zazen[editar | editar a fonte]
A meditación zen chámase zazen. Zazen tradúcese aproximadamente por meditación sentada, aínda que na práctica se pode practicar noutras posturas. A postura formal é a posición do loto ou medio loto, sentado sobre un coxín (zafu) ou senón nunha cadeira. Os practicantes procuran transcender o pensamento e ser directamente conscientes do universo.
Interpretación do Zen[editar | editar a fonte]
O zen non é unha relixión senón unha orixe indefiníbel, emprazado alén das palabras e ideas, e cuxo entendemento só se logra a través da experiencia individual. Todas as relixións teñen unha orixe máis concreta e por isto o zen non ten vínculos con ningunha relixión, nin sequera co budismo. Entón, o zen é a perfección fundamental de todo o que existe e coñecérono todos os santos e sabios en todas as épocas. Así é como o zazen, máis que un método para lle axudar á xente a se liberar, é a maneira en que se expresa a perfección e entendemento da perfección presente en cada individuo.
Extensión do zen[editar | editar a fonte]
Tradicionalmente, o zen procede do Budismo indio, onde era coñecido como "dhyāna" (ध्यान), un termo sánscrito por meditación. Posteriormente, monxes xaponeses que estudaban na China aprenderon o zen e levárono ao Xapón, onde xurdiron distintas escolas de pensamento.Este nome foi transliterado en chinés como Chan|Chán (禪 / simplificado no Xapón a 禅); "Chán" pasou ao coreano como Seon, ao vietnamita como Thiền e ao xaponés como "zen."
De acordo á tradición, o zen foi fundado en China por Bodhidharma(Daruma en xaponés), un monxe Budista indio, no templo Shaolin, durante o século V a.C. Foi o 28º na liña de transmisión desde Kasyapa, o discípulo de Buda. De acordo á lenda, pasou nove anos meditando diante dun muro antes de aceptar discípulos.
Na China, o chan foi influenciado polo taoísmo; de China pasou á Corea e, a través de monxes coreanos, arredor do século VII, chegou ao Xapón. É importante salientar que Chan, Seon e zen continuaron a se desenvolver separadamente nos seus países de orixe, e seguen a manter identidades separadas hoxe en día.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Harvey 1995, p. 159–169.
- ↑ Yoshizawa 2010, p. 41.
- ↑ Sekida 1989.
- ↑ Poceski Year unknown.
- ↑ Borup 2008, p. 8.
- ↑ Yampolski 2003a, p. 3.
- ↑ Dumoulin 2005a, p. 48.
- ↑ Lievens 1981, p. 52–53.
- ↑ Dumoulin 2005a, p. 41–45.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zen |
| A Galicitas posúe citas sobre: Zen |
| Vexa a entrada do Galizionario acerca de zen |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Budismo zen en España
- Asociación Budista de la Montaña Tambor del Dharma
- Asociación Zen Internacional
- Dojos, templos e grupos de l'AZI Seikyuji
En inglés:
- Open Directory Project: Zen Centers
- Dicionario de budismo
- Budismo Zen WWW Virtual Library
- textos Zen
En galego:
|