Petra
| Petra | |
|---|---|
El Khazneh - A Cámara do Tesouro
|
|
| Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
| País | Xordania |
| Localización | 30º19'50"N 35º26'36"E |
| Criterios | C (i) (iii) (iv) |
| Inscrición | 1985 |
| Identificador | 326 |
Petra[1] (de "petra", pedra en grego; árabe: البتراء, al-Bitrā) é un sitio arqueolóxico situado en Xordania, localizado entre as montañas que forman as estribacións orientais de Wadi Araba, nun gran val que vai desde o Mar Morto ata o Golfo de Aqaba. Este lugar é famoso por ter moitas estruturas de pedra escavadas dentro das rochas.
Historia[editar | editar a fonte]
As descricións de Estrabón, Plinio o vello e outros escritores identifican Petra como a capital dos nabateos e o centro das súas caravanas de comercio. Rodeada por rochas de moita altura e permanentemente abastecida de auga por correntes permanentes, Petra non só tiña as vantaxes dunha fortaleza senón que tamén controlaba as principais rutas comerciais que pasaban ao través dela en dirección a Gaza no oeste, a Bosra e Damasco no norte, a Aqaba no Mar Vermello, e cruzando o deserto ao Golfo Pérsico.
Escavacións recentes demostraron as habilidades dos nabateos no control da auga que permitiron a construción da cidade no deserto, creando na práctica un oasis artificial. A zona sofre inundacións ocasionais e os restos arqueolóxicos evidencian que os nabateos controlaban estas inundacións mediante o uso de presas, cisternas e condutos de auga. Deste xeito, almacenaban a auga que despois podía ser utilizada nos longos períodos de seca permitindo que a cidade prosperara.
Aínda que nas súas orixes se podía acceder a Petra chegando polo sur (vía Wadi Araba), ou posiblemente desde as elevadas mesetas no norte, a maior parte dos visitantes modernos achéganse ao lugar dende o leste. A impresionante entrada leste leva a un acceso en baixada que atravesa unha estreita e escura corga entre paredes de pedra, de só 3-4 metros de ancho nalgúns lugares. Ao final da gorxa atópase a ruína máis elaborada de Petra, a Tesourería, escavada directamente na pedra.
Período romano[editar | editar a fonte]
No 106, cando Cornelius Palma era gobernador de Siria, a parte de Arabia baixo o mando de Petra foi incluída dentro do Imperio Romano, e a dinastía nativa terminou. Porén, a cidade continuou coas súas actividades comerciais. Un século máis tarde, cando a cidade chegou ao seu máximo esplendor, o avance chegou ao seu fin, e non se construíron máis edificios; isto debeuse aparentemente a algunha catástrofe repentina como a invasión do novo poder persa baixo o poder da dinastía sasánida.
Ao mesmo tempo Palmira en Siria creceu en importancia como vía de comercio alternativa a Petra.
Petra hoxe[editar | editar a fonte]
- O 6 de decembro de 1985 Petra foi recoñecida como cidade Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
- En 2004 o estudoso de arquitectura Edward Cullinan, con sede en Londres, deseña unha nova entrada a Petra para mellorar o acceso dos visitantes. O inicio da construción está previsto para comezos de 2006.
Imaxes de Petra[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ «Petra». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1626. ISBN 9788482893600.
|
|
||||||
|
|
||||||
|