Palladianismo
O palladianismo ou arquitectura palladiana é un estilo arquitectónico orixinalmente creado polo arquitecto italiano Andrea Palladio (1508–1580).[1] Aínda que o termo palladiano se refire á obra deste artista e a todas aquelas inspiradas por el, o que se coñece como un palladianismo é unha evolución dos mesmos conceptos orixinais de Palladio.
O desenvolvemento do palladianismo como un estilo autónomo comezou no século XVI e continuou até finais do século XVIII, onde influíu notablemente na arquitectura neoclásica, polo seu amplo gusto polo clásico. Este estilo espallouse dende o Véneto a toda Europa e outras partes do mundo. No Reino Unido, o palladianismo chegou a ser moi popular a mediados do século XVII por mor da obra de Christopher Wren. Nas construcións de estilo clásico sucedeu ó Barroco, como unha renovación das formas da antigüidade.
A comezos do século XVIII, estivo de moda non só no eido británico, senón na maioría dos países do Norte de Europa. Máis adiante, cando o estilo comezou a esmorecer en Europa, rexurdiu con forza en América do Norte, con bos exemplos nos edificios deseñados por Thomas Jefferson.
Índice
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Volum 15, La Gran Enciclopèdia en català (2004), Barcelona, Edicions 62, ISBN 84-297-5443-1
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palladianismo |
Sobre Palladio[editar | editar a fonte]
- Obra de Andrea Palladio (en castelán)
- Sobre I Quattro Libri dell'Architettura (en castelán)
- Vil·les de Palladio (en inglés)
Palladianismo inglés[editar | editar a fonte]
- Palladianismo en Inglaterra (en inglés)
- Estilo do Palladianisme do Victoria and Albert Museum (en inglés)
- Páxina oficial de Banqueting House en Whitehall (en inglés)
- Páxina oficial de Holkham Hall (en inglés)
- Páxina oficial de Woburn Abbey (en inglés)
- Páxina oficial de Chiswick House (en inglés)
Palladianismo norteamericano[editar | editar a fonte]
|