Nanotecnoloxía
A nanotecnoloxía é a manipulación da materia a escala nanométrica. A máis temperá e difundida descrición da nanotecnoloxía[1][2] refírese o obxectivo tecnolóxico particular de manipular en forma precisa os átomos e moléculas para a fabricación de produtos a macroescala, agora tamén referida como nanotecnoloxía molecular. Subsecuentemente unha descrición máis xeralizada da nanotecnoloxía foi establecida polo National Nanotechnology Initiative, no que define a nanotecnoloxía como a manipulación da materia de polo menos unha dimensión do tamaño de entre 1 a 100 nanómetros. Esta definición reflexa o feito de que os efectos mecánico cuánticos son importantes a esta escala do dominio cuántico e, así, a definición cambiou desde unha meta tecnolóxica particular a unha categoría de investigación incluíndo todos os tipos de investigación e tecnoloxías que teñen que ver coas propiedades especiais da materia que ocorren baixo certo limiar de tamaño. É común o uso da forma plural de "nanotecnoloxías" así como "tecnoloxías de nanoescala" para referirse ao amplo rango de investigacións e aplicacións cuxo tema en común é o seu tamaño. Debido á variedade de potenciais aplicacións (incluíndo aplicacións industriais e militares), os gobernos investiron miles de millóns de dólares en investigación da nanotecnoloxía. A través do seu programa National Nanotechnology Initiative, Estados Unidos investiu 3,7 mil millóns de dólares. A Unión Europea investiu 1,2 mil millóns e Xapón 750 millóns de dólares.[3]
Nano é un prefixo grego que indica unha medida (10−9 = 0,000 000 001), non un obxecto; de xeito que a nanotecnoloxía caracterízase por ser un campo esencialmente multidisciplinar, e ligado exclusivamente pola escala da materia coa que se traballa.
A nanotecnoloxía definida polo tamaño é naturalmente un campo moi amplo, que inclúe diferentes disciplinas da ciencia tan diversas como a ciencia de superficies, química orgánica, bioloxía molecular, física dos semicondutores, microfabricación, etc.[4] As investigacións e aplicacións asociadas son igualmente diversas, indo desde extensións da física dos dispositivos a novas aproximacións completamente novas baseadas no autoensamblaxe molecular, desde o desenvolvemento de novos materiais con dimensións na nanoescalas ao control directo da materia a escala atómica.
Hoxe en día os científicos están debatendo o futuro das implicacións da nanotecnoloxía. As súas funcións son moi diversas: empréganse para medir ou detectar, para inducir procesos físico-químicos, como compoñentes de múltiples dispositivos (p.ex pantallas de cristal líquido) etc. Así mesmo o seus campos de aplicación van desde á microelectrónica, á biomedicina (p.ex. nanocápsulas liberadoras de fármacos, nanobiosensores etc.) e produción de enerxía. Por outra banda, a nanotecnoloxía fai xurdir as mesmas preocupacións que calquera nova tecnoloxía, incluíndo preocupacións achega da toxicidade e o impacto ambiental dos nanomateriais,[5] e os seus potenciais efectos na economía global, así como especulacións achega de varios escenarios apocalípticos. Estas preocupacións levaron ao debate entre varios grupos de defensa e gobernos sobre se se requireén regulacións especiais para a nanotecnoloxía.
Índice
Definición[editar | editar a fonte]
A nanotecnoloxía comprende o estudo, deseño, creación, síntese, manipulación e aplicación de materiais, aparellos e sistemas funcionais a través do control da materia a nanoescala, así como a explotación de fenómenos e propiedades da materia a nanoescala. Cando se manipula a materia a escala tan minúscula, presenta fenómenos e propiedades totalmente novas. Polo tanto, os científicos utilizan a nanotecnoloxía para crear materiais, aparellos e sistemas novedosos e pouco custosos con propiedades únicas.
Historia[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Historia da nanotecnoloxía.
O gañador do premio Nobel de Física de 1965, Richard Feynman, foi o primeiro en facer referencia ás posibilidades da nanociencia e a nanotecnoloxía nun discurso que deu no Instituto Tecnolóxico de California (Caltech) o 29 de decembro de 1959, titulado No fondo hai espazo dabondo (There's Plenty of Room at the Bottom), no que describe a posibilidade da síntese vía a manipulación directa dos átomos. O término "nanotecnoloxía" foi usado por primeira vez por Norio Taniguchi no ano 1974, aínda que isto non é ampliamente coñecido.
Inspirado nos conceptos de Feynman, en forma independente K. Eric Drexler usou o termo "nanotecnoloxía" no seu libro do ano 1986 Engines of Creation: The Coming Era of Nanotechnology (en galego: Motores da Creación: A Chegada da era da Nanotecnoloxía), no que propuxo a idea dun "ensamblador" a nanoescala que sería capaz de construír unha copia de si mesmo e doutros elementos de complexidade arbitraria cun nivel de control atómico. Tamén no ano 1986, Drexler co-fundou The Foresight Institute (en galego: O Instituto de Estudos Prospectivos), co cal xa non ten relación, para axudar a aumentar a conciencia e comprensión pública dos conceptos da nanotecnoloxía e as súas implicacións.
Así, o xurdimento da nanotecnoloxía como un campo na década de 1980 ocorreu pola converxencia do traballo teórico e público de Drexler, quen desenvolveu e popularizou un marco conceptual para a nanotecnoloxía, e os avances experimentais de alta visibilidade que atraeron atención adicional a ampla escala aos prospectos do control atómico da materia.
Por exemplo, a invención do microscopio de efecto túnel no ano 1981 proporcionou unha visualización sen precedentes dos átomos e enlaces individuais, e foi usado exitosamente para manipular átomos individuais no ano 1989. Os inventores deste microscopio Gerd Binnig e Heinrich Rohrer do IBM Zurich Research Laboratory (Laboratorio de Investigación de IBM en Zúric) recibiron o Premio Nobel de Física no ano 1986.[6][7]
Os fulerenos foron descubertos no ano 1985 por Harry Kroto, Richard Smalley e Robert Curl, quen en conxunto gañaron o Premio Nobel de Química do ano 1996[8][9] Inicialmente o C60 non foi descrito como nanotecnoloxía; o termo foi utilizado en relación co traballo posterior cos tubos de grafeno relacionados (chamados nanotubos de carbono e algunhas veces tamén tubos bucky) o que suxería aplicacións potenciais para dispositivos e electrónica de nano escala.
A principios da década do 2000, este campo colleitou un incrementado interese científico, político e comercial que o levou tanto á controversia como ao progreso. As controversias xurdiron en relación ás definicións e potenciais implicacións das nanotecnoloxías, exemplificado polo informe da Royal Society achega da nanotecnoloxía.[10] Os desafíos xurdiron da factibilidade das aplicacións imaxinadas polos proponentes da nanotecnoloxía molecular, que culminou nun debate público entre Drexler e Smalley nos anos 2001 e 2003.[11]
Mentres tanto, a comercialización dos produtos baseados nos avances das tecnoloxías a nanoescala comezaron a xurdir. Estes produtos están limitados a aplicacións a granel dos nanomateriais e non involucran o control atómico da materia. Algúns exemplos inclúen á plataforma Nano Silver que utiliza nanopartículas de prata como un axente antibacterial, os protectores solares transparentes baseados en nanopartículas e dos nanotubos de carbono para teas resistentes ás manchas.[12][13]
Os gobernos movéronse á promoción e o finanzamento da investigación en nanotecnoloxía, comezando por Estados Unidos coa súa iniciativa nanotecnolóxica nacional, que formalizou a definición da nanotecnoloxía baseada no tamaño e que creou un fondo de finanzamento para a investigación a nanoescala.
Para mediados da década do 2000 unha nova e sería atención científica comezou a florecer, emerxeron proxectos para producir unha folla de ruta para a nanotecnoloxía[14][15] que se centraba na manipulación atómica precisa da materia e que discute as capacidades, metas e aplicacións existentes e proxectadas.
Outras persoas desta área foron Rosalind Franklin, James Dewey Watson e Francis Crick quen propuxo que o ADN era a molécula principal que xogaba un papel clave na regulación de todos os procesos do organismo, revelando a importancia das moléculas como determinantes nos procesos da vida.
Pero estes coñecementos foron máis aló, xa que con isto púidose modificar a estrutura das moléculas, como é o caso dos polímeros ou plásticos que hoxe en día atopamos nos nosos fogares. Pero hai que dicir que a este tipo de moléculas pódeselles considerar “grandes”.
Hoxe en día a medicina ten máis interese na investigación no mundo microscópico, xa que nel atópanse posiblemente as alteracións estruturais que provocan as enfermidades, e non hai que dicir das ramas da medicina que saíron máis beneficiadas como é a microbioloxía, inmunoloxía, fisioloxía; xurdiron tamén novas ciencias como a Enxeñaría xenética, que xerou polémicas sobre as repercusións de procesos como a clonación ou a euxenesia.
O desenvolvemento da nanociencia e a nanotecnoloxía en América Latina é relativamente recente, en comparación ao que ocorreu a nivel global. Países como México, Costa Rica, Arxentina, Venezuela, Colombia, Brasil e Chile contribúen a nivel mundial con traballos de investigación en distintas áreas da nanociencia e a nanotecnoloxía.[16] Ademais, algúns destes países contan tamén con programas educativos a nivel licenciatura, mestría, posgrao e especialización na área.
Conceptos fundamentais[editar | editar a fonte]
A nanotecnoloxía é a enxeñería de sistemas funcionais a escala molecular. Isto cobre tanto o actual traballo como conceptos que son máis avanzados. No seu sentido orixinal, a nanotecnoloxía refírese á habilidade proxectada para construír elementos desde o máis pequeno todo o máis grande, usando técnicas e ferramentas, que actualmente están a ser desenvolvidas, para construír produtos completos de alto desempeño.
Un nanómetro (nm) é a mil millonésima parte, ou 10−9, dun metro. Por comparación, as típicas lonxitudes de enlace carbono-carbono, ou o espazo entre estes átomos nunha molécula, están ao redor dos 0,12-0,15 nm e a dobre hélice dun ADN ten un diámetro de ao redor de 2 nm. Por outra banda, a forma de vida celular máis pequena, a bacteria do xénero Micoplasma, teñen ao redor de 200 nm de longo. Por convención, a nanotecnoloxía é medida no rango de escala de entre 1 a 100 nm de acordo á definición usada pola iniciativa nanotecnolóxica nacional en Estados Unidos. O límite inferior está dado polo tamaño dos átomos (o hidróxeno ten os átomos máis pequenos, que teñen un diámetro aproximado dun cuarto de nm) dado que a nanotecnoloxía debe fabricar os seus dispositivos a partir de átomos e moléculas. O límite superior é máis ou menos arbitrario pero atópase ao redor do tamaño en que fenómenos que non poden ser observados en estruturas máis grandes comezan a ser aparentes e poden ser usados no nanodispositivo.[17] Estes novos fenómenos fan que a nanotecnoloxía sexa distinta dos dispositivos que son soamente versións miniaturizadas dun dispositivo macroscópico equivalente; tales dispositivos atópanse a unha escala máis grande e caen baixo a descrición de microtecnoloxía.[18]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Drexler, K. Eric (1986). Engines of Creation: The Coming Era of Nanotechnology. Doubleday. ISBN 0-385-19973-2.
- ↑ Drexler, K. Eric (1992). Nanosystems: Molecular Machinery, Manufacturing, and Computatin. Nova York: John Wiley & Sons. ISBN 0-471-57547-X.
- ↑ Apply nanotech to up industrial, agri output, The Daily Star (Bangladesh), 17 abril 2012.
- ↑ Saini, Rajiv; Saini, Santosh, Sharma, Sugandha (2010). "Nanotechnology: The Future Medicine". Journal of Cutaneous and Aesthetic Surgery 3 (1): 32–33. PMC 2890134. PMID 20606992. doi:10.4103/0974-2077.63301.
- ↑ Cristina Buzea, Ivan Pacheco, and Kevin Robbie (2007). "Nanomaterials and Nanoparticles: Sources and Toxicity". Biointerphases 2 (4): MR17–71. PMID 20419892. doi:10.1116/1.2815690.
- ↑ Binnig, G.; Rohrer, H. (1986). "Scanning tunneling microscopy". IBM Journal of Research and Development 30: 4.
- ↑ "Press Release: the 1986 Nobel Prize in Physics". Nobelprize.org. 15 de outubro de 1986. Consultado o 12 de maio de 2011.
- ↑ Kroto, H. W.; Heath, J. R.; O'Brien, S. C.; Curl, R. F.; Smalley, R. E. (1985). "C60: Buckminsterfullerene". Nature 318 (6042): 162–163. Bibcode:1985Natur.318..162K. doi:10.1038/318162a0.
- ↑ Adams, W Wade; Baughman, Ray H (2005). "Retrospective: Richard E. Smalley (1943–2005)". Science 310 (5756) (Dec 23, 2005). p. 1916. PMID 16373566. doi:10.1126/science.1122120.
- ↑ Royal Society and Royal Academy of Engineering, ed. (xullo 2004). "Nanoscience and nanotechnologies: opportunities and uncertainties" (en inglés). Consultado o 13 de decembro do 2015.
- ↑ American Chemical Society, ed. (1 de decembro de 2003). "Nanotechnology: Drexler and Smalley make the case for and against 'molecular assemblers'". Chemical & Engineering News (en inglés) 81 (48): 37–42. doi:10.1021/cen-v081n036.p037. Consultado o 13 de decembro do 2015.
- ↑ American Elements (ed.). "Nanotechnology Information Center: Properties, Applications, Research, and Safety Guidelines". Consultado o 13 de maio de 2011.
- ↑ The Project on Emerging Nanotechnologies, ed. (2008). "Analysis: This is the first publicly available on-line inventory of nanotechnology-based consumer products". Consultado o 13 de maio de 2011.
- ↑ "Productive Nanosystems Technology Roadmap" (PDF).
- ↑ "NASA Draft Nanotechnology Roadmap" (PDF).
- ↑ Foladori, Guillermo (2008). Las nanotecnologías en América Latina. Red Latinoamericana de Nanotecnología y Sociedad.
- ↑ Allhoff, Fritz; Lin, Patrick; Moore, Daniel (2010). John Wiley and Sons, ed. What is nanotechnology and why does it matter?: from science to ethics. pp. 3–5. ISBN 1-4051-7545-1.
- ↑ Prasad, S. K. (2008). Discovery Publishing House, ed. Modern Concepts in Nanotechnology. pp. 31–32. ISBN 81-8356-296-5.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nanotecnoloxía |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns Externas[editar | editar a fonte]
|