Michelle Rodriguez
| Michelle Rodriguez | |
|---|---|
Rodriguez no 2013.
|
|
| Nome completo | Mayte Michelle Rodriguez |
| Nacemento | 12 de xullo de 1978 (39 anos) |
| Lugar | San Antonio, Texas, |
| Nacionalidade | Estados Unidos de América |
| Profesión | Actriz |
|
|
|
| http://www.michelle-rodriguez.com/ | |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Mayte Michelle Rodriguez nada o 12 de xullo de 1978 en San Antonio, Texas é unha actriz estadounidense de ascendencia dominico-portorriqueña.
É coñecida polas súas interpretacións nos filmes The Fast and the Furious, Resident Evil, a serie de televisión Lost, e a súa actuación como Trudy, a piloto humana en Avatar.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Era unha aspirante a actriz cando topou con un anuncio que informaba dun casting para poder actuar no filme independente e de baixo orzamento Girlfight. Michelle gañou ás outras 350 rapazas que se presentaron ó papel, e encarnou a Diana Guzmán, unha adolescente con moitos problemas que decide canalizar a súa agresividade adestrando para tornarse en boxeadora. O traballo de Rodriguez foi recoñecido tanto pola crítica como polo público.
Posteriormente, tivo papeis noutros filmes de éxito, como The Fast and the Furious e Resident Evil. En 2004, Rodriguez prestou a súa voz para o videoxogo Halo 2, interpretando unha infante da mariña. De 2005 a 2010, interpretou á policía Ana Lucia Cortez na serie de televisión Lost.
En 2008, actuou no filme Battle in Seattle xunto a Charlize Theron. En 2009 volveu a actuar na cuarta parte da saga de películas de carreiras de coches Fast & Furious. Nese mesmo ano interpretou á piloto "Trudy Chacón" no filme de James Cameron Avatar.
Filmografía[editar | editar a fonte]
| Filmes | |||
|---|---|---|---|
| Ano | Filme | Papel | Notas |
| 2000 | Girlfight | Diana Guzman | |
| 2001 | The Fast and the Furious | Leticia "Letty" Ortiz | |
| 3 A.M. | Salgado | ||
| 2002 | Blue Crush | Eden | |
| Resident Evil | Rain Ocampo | ||
| 2003 | S.W.A.T. | Chris Sanchez | |
| 2004 | Control | Teresa | |
| 2005 | BloodRayne | Katarin | |
| 2006 | The Breed | Nicki | |
| 2007 | Battle in Seattle | Lou | |
| 2008 | Cats: The Movie | Jujube | Voz |
| Gardens of the Night | Lucy | ||
| 2009 | Fast & Furious | Leticia "Letty" Ortiz | |
| Trópico de Sangre | Minerva Mirabal | ||
| Avatar | Trudy Chacon | ||
| 2010 | Machete | Luz | |
| 2011 | Battle: Los Angeles | Sarxento Elena Santos | |
| Fast Five | Leticia "Letty" Ortiz | ||
| Aparicións en Televisión | |||
| Ano | Título | Papel | Notas |
| 2005 | Punk'd | Si mesma | 1 episodio |
| Immortal Grand Prix | Liz Ricarro | 26 episodios | |
| 2005–2006, 2009–2010 | Lost | Ana Lucia Cortez | 26 episodios |
| 2007 | Adventures in Voice Acting | Si mesma | 1 episodio |
| 2010 | Top Gear | Si mesma | 1 episodio |
| Voces e aparencia en Videoxogos | |||
| Ano | Título | Papel | Notas |
| 2003 | True Crime: Streets of LA | Rosie Velasco | |
| Driv3r | Calita | ||
| 2004 | Halo 2 | Marine | |
| 2009 | James Cameron's Avatar: The Game | Trudy Chacon | |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Michelle Rodriguez |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Web Oficial (en inglés)
- Michelle Rodriguez na IMDb (en inglés).