Justin Trudeau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Justin Trudeau

Justin Pierre James Trudeau, nado en Ottawa o 25 de decembro de 1971, é un político canadense, líder do Partido Liberal do Canadá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Trudeau é o fillo máis vello de Pierre Trudeau, antigo primeiro ministro, e de Margaret Trudeau. Estudou bacharelato de artes, especialidade literatura na Universidade McGill e bacharelato de educación na Universidade da Columbia Británica. Traballou como profesor de francés na West Point Grey Academy e na escola secundaria Sir Winston Churchill en Vancouver.[1] En 2008 entrou na Cámara dos Comúns pola circunscrición de Papineau, e reelixido en 2011. Converteuse en xefe do seu partido o 14 de abril de 2013.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Raj, Althia (5 de marzo de 2013). "Contender: The Justin Trudeau Story". Huffington Post.