Extraterrestre
|
|
Suxeriuse que este artigo ou apartado sexa fusionado con "vida extraterrestre" (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
|
|
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
|
|
Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Un extraterrestre (
pronunciación (axuda · info)) é un ser vivo orixinario de fóra da Terra e da súa atmosfera.
A pesar de que moita xente afirme telos coñecido, ou incluso ser un deles, non existe na actualidade ningunha proba fiable que confirme a existencia de vida extraterrestre.
Os extraterrestres son, a miúdo, personaxes de historias de ciencia ficción. Nelas, adoita haber civilizacións extraterrestres moi avanzadas, e que frecuentemente visitan a Terra con fins que poden ser pacíficos (pero experimentais), ou ben hostís.
Na linguaxe popular, un sinónimo de "extraterrestre" é "marciano", ou habitante de Marte. No entanto, os extraterrestres non teñen por que proceder de Marte.
Actualmente estase levando a cabo unha investigación científica para demostrar a presenza de vida no cosmos, é o chamado proxecto SETI, dedicado a rastrear o espazo con radiotelescopios, á espera de captar algún sinal non natural ou mensaxe procedente de seres intelixentes.
Debido a este afán por entrar en contacto con seres extraterrestres, os seres humanos tamén temos enviado en diversas ocasións sinais ou incluso obxectos ó espazo, á espera de que algunha civilización non terrícola nos descubra e poida pórse en contacto con nós.
Na sub-cultura estadounidense "extraterrestre" dise alien, que é como se denomina á xente que ven de fóra, (inmigrantes). A palabra "alien" é un termo legal dentro das leis de Estados Unidos para denotar a non-cidadáns do país.
A partir deste concepto creáronse novelas en forma politicamente correcta para falar de inmigrantes dentro dos EUA, sen facelo de forma directa.
A maioría das películas e series de televisión sobre "Extraterrestres" teñen o dobre sentido de falar sobre inmigrantes: Alien, E.T. the Extra-Terrestrial, Alf, Men in Black, War of the Worlds etc.
Tamén existen outras teorías que afirman que existen seres distintos a nós, pero "dentro" da nosa terra, os chamados "intraterrestres" que habitarían nas profundidades do noso planeta dende millóns de anos antes que aparecera o home das cavernas.