WikiLeaks
WikiLeaks (WikiFiltracións ou WikiFugas en inglés) é unha organización mediática internacional sen ánimo de lucro que publica a través do seu sitio web informes anónimos e documentos filtrados con contido sensíbel en materia de interese público, preservando o anonimato das súas fontes.[1] O lanzamento da páxina web realizouse en decembro de 2006, e a súa actividade comezou en xullo de 2007 e desde esta data a súa base de datos creceu constantemente até acumular 1,2 millóns de documentos.[2] Está xestionado por The Sunshine Press.[3]
Índice
- 1 Historia e características
- 2 Filtracións máis relevantes
- 2.1 Informe da intelixencia estadounidense acerca de Wikileaks
- 2.2 Video de asasinato de xornalistas
- 2.3 Diarios da Guerra de Afganistán: 31 de xullo de 2010 (Afghan War Diary)
- 2.4 Rexistros da Guerra de Iraq: 22 de outubro de 2010 (Irak War Logs)
- 2.5 Os papeis do Departamento de Estado (Cable Gate)
- 3 Outros portais especializados en filtracións
- 4 Proxecto alleo á Wikipedia
- 5 Notas
- 6 Véxase tamén
Historia e características[editar | editar a fonte]
A organización ofrécese a recibir filtracións que desvelen comportamentos non éticos por parte de gobernos, relixións e empresas de todo o mundo, e concretamente dos países que consideran que teñen réximes totalitarios. Polo de agora as actividades máis destacadas de WikiLeaks centráronse na actividade exterior dos Estados Unidos,[4] especialmente en relación coas guerras de Iraq e de Afganistán.[5]
WikiLeaks descríbese a si mesma como unha organización fundada por disidentes chineses, así como por periodistas, matemáticos e tecnólogos de empresas start-up dos Estados Unidos, Taiwán, Europa, Australia e Suráfrica.[6] Os creadores de WikiLeaks non foron formalmente identificados.[7] Un dos seus asesores, editor xefe e actual director é o australiano Julian Assange. O voceiro, desde setembro de 2010, é Kristinn Hrafnsson, despois da renuncia de Daniel Domscheit-Berg, o cal planea fundar o seu propio portal de filtracións.[8][9]
A pesar do seu nome, Wikileaks non é un sitio wiki habitual, xa que actualmente os lectores que non teñen os permisos adecuados non poden cambiar o seu contido. WikiLeaks usa unha versión modificada do software de MediaWiki[3] e o seu servidor principal está aloxado no ISP sueco PRQ.[10] Para protexer o anonimato dos seus informantes, WikiLeaks utiliza OpenSSL, Freenet, Tor e PGP.[3] En agosto de 2010 o Partido Pirata sueco firmou con Wikileaks un acordo para aloxar a súa páxina web e poder conseguir a inmunidade da súa páxina.[11] Non obstante, debido á derrota electoral deste partido, non prosperou a iniciativa de ofrecer inmunidade a Wikileaks.[12]
Ante os ataques de denegación de servizo (DDoS), pola filtración Cable Gate o 30 de novembro de 2010 WikiLeaks traslada a súa información aos servidores Amazon EC2 de computación en nube de Amazon.[13] O día 1 de decembro Amazon, ante as presións do senador Joe Liebermann, deixa de albergar a WikiLeaks. WikiLeaks, a través de Twitter, sinala que se Amazon está en contra da Primeira Emenda debería deixar de vender libros[14].
Filtracións máis relevantes[editar | editar a fonte]
Informe da intelixencia estadounidense acerca de Wikileaks[editar | editar a fonte]
O 15 de marzo de 2010 Wikileaks publicou un informe do Departamento de Defensa dos Estados Unidos no cal trataba varias filtracións protagonizadas por esta web relacionadas con intereses estadounidenses e propoñía diversas vías para marxinala.
Video de asasinato de xornalistas[editar | editar a fonte]
O día 5 de abril de 2010 WikiLeaks publicou un vídeo[15] onde se ven soldados estadounidenses asasinando o reporteiro de Reuters Namir Noor-Eldeen, o seu axudante e nove persoas máis, algunhas delas cando ían recoller os mortos e feridos. Vese claramente que ningún deles fixo o amago de atacar o helicóptero Apache desde o cal lles dispararon: nin tan sequera o miraron. Aínda que a axencia Reuters solicitou en numerosas ocasións o material, negóuselles até que WikiLeaks o conseguiu inédito e puxo en xaque o aparato militar dos EUA, manchando a imaxe deste exército no mundo[16].
O exército dos EUA negou que incumprise as súas normas de enfrontamento.
Diarios da Guerra de Afganistán: 31 de xullo de 2010 (Afghan War Diary)[editar | editar a fonte]
En relación coa Guerra de Afganistán iniciada en 2001, o 25 de xullo de 2010 os periódicos The Guardian,[17][18] The New York Times[19][20] e Der Spiegel[21] fixeron públicos un conxunto duns 92.000 documentos sobre a guerra de Afganistán entre os anos 2004 e 2009. Estes chegaron a través de Wikileaks sen compensación económica á páxina.[22]
Entre os documentos inclúense sucesos non revelados até aquela altura: vítimas civís provocadas por soldados dos Estados Unidos e por soldados dos países aliados, fogo amigo, conexións entre a intelixencia pakistaní e os talibáns insurxentes.[23][24][25][26] Outros documentos, ao redor de 15.000, non foron liberados por falta de comprobar que non supoñan un perigo para xente inocente, namentres que outros non serán filtrados polo mesmo motivo.[27][28]
O goberno dos Estados Unidos acusou a WikiLeaks de pór en perigo a vida de civís aos que se tomou declaración para elaborar os informes militares. O fundador de WikiLeaks, Julian Assange, manifestou que a Casa Branca estaba informada unha semana antes da publicación co obxecto de "minimizar a aparición dos nomes dalgúns informantes". Segundo Assange, o Goberno dos EEUU negouse a colaborar e non deu resposta ningunha.[29][30] Estos contactos previos a la publicación han sido negados por el El Pentágono.[31]
O 29 de xullo colgouse na páxina un arquivo denominado Insurance file ("Arquivo seguro" en inglés). O arquivo, de 1,4 GB, está cifrado con AES polo que se precisa dunha clave, de 256 bits, para o descifrar. Especúlase con que se trataría dunha filtración cuxa contraseña se faría pública en caso de que Wikileaks sufrira algún ataque grave, como a detención de Julian Assange.
Rexistros da Guerra de Iraq: 22 de outubro de 2010 (Irak War Logs)[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Rexistros da Guerra de Iraq.
O 22 de outubro de 2010 Wikileaks publícase Irak War Logs (Documentos da guerra de Iraq), 391.831 documentos filtrados desde O Pentágono (sé do Departamento de Defensa dos Estados Unidos) sobre a guerra de Iraq e a súa ocupación entre o 1 de xaneiro de 2004 e o 31 de decembro de 2009 nos que se revelan, entre outros asuntos, o uso sistemático de torturas, a cifra de 109.032 mortos en Iraq -dos que 66.081 foron civís, o 63%; 23984 'inimigos etiquetados como insurxentes'; 15.196 do "país anfitrión" (as forzas do goberno iraquí) e 3.771 foron mortos "amigos" (forzas da coalición)-. Cada día, de media, morreron 31 civís, durante un período de seis años. Nos 'Diarios da Guerra Afgana', publicado anteriormente por Wikileaks, que abrangue o mesmo período, morreron unhas 20.000 persoas. Ademais do número de mortos e outros crimes,[32] a filtración confirma a axuda de Irán ás milicias iraquís. Como na filtración dos Diarios da Guerra de Afganistán o seguimento da filtración fíxose a través da páxina de wikileaks e das edicions dixitais de The Guardian[33] e The New York Times,[34] Le Monde,[35] Der Spiegel,[36] Al Jazeera[37] y el Bureau of Investigative Journalism.[38][39][40][41]
The Guardian informou que o 21 de outubro recibira todos os documentos.[42] O 22 de outubro de 2010 Al Jazeera, adiantándose media hora ao horario establecido, lanzou a filtración denominada Rexistros da Guerra de Irak. Pouco despois de que o material de orixe estivese dispoñíbel nos medios indicados colgouse na páxina WikiLeaks con funcións de buscas, debido á cantidade de material filtrado. A BBC, citando o Pentágono, considera os Rexistros da Guerra de Irak "a maior filtración de documentos clasificados da súa historia."[43]
Segundo Julian Assange, os documentos da guerra de Iraq publicados reflicten a verdade da guerra de Iraq:[44] as autoridades estadounidenses deixaron sen investigar centos de informes que denunciaban abusos, torturas, violacións e incluso asasinatos cometidos sistematicamente pola Policía e o Exército iraquí, aliados das forzas internacionais que invadiron o país. Oficiais británicos e estadounidenses insistían até agora en que non había rexistro oficial das vítimas. Os informes, apoiados por evidencias médicas, describen a situación de prisioneiros cos ollos vendados, coas mans atadas, recibindo golpes, lategazos e soportando descargas eléctricas. Todas estas torturas foron realizadas co coñecemento do Pentágono, das autoridades militares e políticas dos Estados Unidos e tamén doutras forzas internacionais que participaron na guerra de Irak (basicamente Gran Bretaña xunto cos EUA). A pesar de que non consta que os soldados estadounidenses realizasen abusos, si que utilizaron a ameaza de abusos por parte das forzas iraquís para obter información dos detenidos.[40][45]
Os papeis do Departamento de Estado (Cable Gate)[editar | editar a fonte]
O 28 de novembro de 2010, Wikileaks filtroulle á prensa internacional unha colección de 251.187[46] cables ou comunicacións entre o Departamento de Estado estadounidense coas súas embaixadas por todo o mundo (denominados en inglés United States diplomatic cables leak, Cable Gate ou Secret US Embassy Cables).[47][48] Trátase da maior filtración de documentos secretos da historia. WikiLeaks proporcionoulles esa información aos xornais The Guardian,[49] The New York Times,[50] Le Monde,[51] El País[52][53][54] e ao semanario Der Spiegel[55].
Outros portais especializados en filtracións[editar | editar a fonte]
Ademais da intención de Daniel Domscheit-Berg (antigo portavoz de Wikileaks) de fundar o seu propio portal de filtracións, existen outras páxinas que, en defensa da liberdade de prensa e a transparencia exixíbel aos gobernos, institucions e empresas, publican documentos prohibidos ou sensíbeis:
- Cryptome, creada en 1996, contén 54.000 documentos. Acepta documentos para a súa publicación que estean prohibidos por gobernos en todo o mundo, en especial material sobre a liberdade de expresión, privacidade, criptoloxía, seguridade nacional, intelixencia...”. Os documentos non desvelan asuntos clasificados.[8]
- Secrecy News, Blog fundado en 2006. Publica segredos de seguridade nacional. Steven Aftergood, o seu autor, publica posts sobre o armamento do Exército dos EEUU, os planos orzamentarios da Casa Branca ou as relacións da primeira potencia mundial coa India.
Proxecto alleo á Wikipedia[editar | editar a fonte]
O Wikileaks non está afiliado á Wikipedia ou a calquera proxectos da Fundación Wikimedia. O termo wiki é xenérico e pode ser usado por calquera persoa, xurídica ou física, para calquera razón. O sitio Wikileaks só coincidentemente utiliza o software libre MediaWiki, que é o mesmo utilizado pola Fundación Wikimedia, e que calquera pode operar.
O xornal The Daily Telegraph, do Reino Unido, publicou unha reportaxe na que Jimmy Wales, o fundador da Wikipedia, afirma que non está relacionado ao Wikileaks.org e que moitas persoas están confundido.[56]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Wikileaks: de como destapar escándalos en Internet, El País, 26/7/2010
- ↑ WikiLeaks. "WikiLeaks has 1.2 million documents?" (en inglés). Consultado o 03/08/2009.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 WikiLeaks. "About" (en inglés). Consultado o 4 de outubro de 2009.
- ↑ Wikileaks acorrala a Diplomacia de Estados Unidos
- ↑ Iraq and Afghan War Diaries na páxina principal de Wikileaks
- ↑ "Wikileaks:About". WikiLeaks. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2008. Consultado o 3 June 2009.
- ↑ Paul Marks (13 January 2007). "How to leak a secret and not get caught". New Scientist. Consultado o 28 February 2008.
- ↑ 8,0 8,1 A WikiLeaks le crecen los enanos, 10/11/2010, lainformacion.com
- ↑ Revelacións en WikiLeaks documentan crimes tolerados polos EEUU en Iraq, 22/10/2010, CNN, México
- ↑ Así figuraba na base de datos de RIPE o 4 de outubro de 2009.
- ↑ O acordo pola inmunidade entre o Partido Pirata sueco e WikiLeaks en mans dos votantes, 18 de agosto de 2010, en nacionred.com
- ↑ Wikileaks e Pirate Bay non terán inmunidade parlamentaria
- ↑ A web de Wikileaks trasládase aos servidores de Amazon, Público, 1/12/2010
- ↑ "Estados Unidos estrecha el cerco sobre Wikileaks", artigo en El País, 1 de decembro de 2010 (en castelán).
- ↑ Un video muestra cómo el Ejército de EEUU mata a un fotógrafo de Reuters. Público. 5 de abril de 2010
- ↑ "El vídeo de la matanza de EEUU triunfa en YouTube", artigo de Europa Pressen Público, 7 de abril de 2010 (en castelán).
- ↑ Afghanistan war logs: Massive leak of secret files exposes truth of occupation, The Guardian, Nick Davies and David Leigh, 25/7/2010
- ↑ Wikileaks' Afghanistan war logs: how our datajournalism operation worked, The guardian, guardian.co.uk, Simon Rogers, 27/7/2010
- ↑ In Disclosing Secret Documents, WikiLeaks Seeks ‘Transparency’, The New York Times, Eric Schmitt, July 25, 2010
- ↑ Editorial: Pakistan’s Double Game, The New York Times, July 26, 2010
- ↑ Thema Wikileaks, Spiegel Online, 26/7/2010
- ↑ Davies, Nick; Leigh, David. "Afghanistan war logs: Massive leak of secret files exposes truth of occupation" (en inglés). The Guardian. Consultado o 26 de xullo de 2010.
No fee was involved and Wikileaks was not involved in the preparation of the Guardian's articles.
- ↑ "Afghanistan war logs: the unvarnished picture" (en inglés). Consultado o 26 de julio de 2010 editorial= The Guardian.
- ↑ WikiLeaks-Afganistán. La guerra al descubierto, en nacionred.com, David Ballota, 26/7/2010
- ↑ Amy Goodman. WikiLeaks lo hizo de nuevo, en Sin Permiso, tradución do orixinal en democracy now, 1/8/2010
- ↑ Wikileaks afghan war diary, en democracy now
- ↑ [1]
- ↑ [2]
- ↑ WikiLeaks may already have blood on its hands over Afghan revelations, US says, 30 de julio de 2010, The Times
- ↑ WikiLeaks se defiende de las acusaciones de EEUU, Público, 29/7/2010
- ↑ [3]
- ↑ Los crímenes de Irak se revelan al mundo, El País, 24/10/2010
- ↑ Iraq war logs: secret files show how US ignored torture, The Guardian, 22/10/2010
- ↑ The War Logs, The New York Times
- ↑ Irak : l'horreur ordinaire révélée par Wikileaks, Le Monde, 23/10/2010
- ↑ Iraq War Logs. Der Spiegel
- ↑ Secret Iraq Files. Al Jazeera English.
- ↑ iraqwarlogs.com Bureau of Investigative Journalism thebureauunviestigates.com
- ↑ Wikileaks revela que EE UU permitió torturas sistemáticas en Iraq, El País, 22/10/2010
- ↑ 40,0 40,1 páxina de wikileaks, consultada o 23 de outubro de 2010
- ↑ Estados Unidos permitiu torturas sistemáticas en Irak, Público, 23/10/2010
- ↑ "Iraq war logs: secret files show how US ignored torture". The Guardian. 22 October 2010. Consultado o 22 October 2010.
- ↑ editorial=BBC (23 October 2010). "Huge Wikileaks release shows US 'ignored Iraq torture'". Consultado o 23 October 2010.
- ↑ O fundador de Wikileaks: "Os documentos revelan a verdade da guerra de Irak", A ONU pide aos Estados Unidos que investigue as torturas que revelan os novos documentos publicados por wikileaks, El País, 23/10/2010
- ↑ Wikileaks revela que EE UU permitiu torturas sistemáticas en Irak, El País, 22/10/2010
- ↑ Preguntas y respuestas sobre los papeles del Departamento de Estado, diario El País, 28 de noviembre de 2010.
- ↑ Cable Gate - Secret US Embassy Cables, Wikileaks
- ↑ A maior filtración da historia deixa ao descuberto os segredos da política exterior dos EE UU, diario El País, 28 de novembro de 2010
- ↑ US embassy cables: browse the database, The guardian, 28/11/2010
- ↑ State's Secret, Cables Depict U.S. Haggling to Find Takers for Detainees, The New York Times, 29/10/2010
- ↑ Documents Wikileaks, en Le Monde, 30/11/2010
- ↑ Os papeis do Departamento de Estado, El País, 29/11/2010
- ↑ http://www.elpais.com/articulo/internacional/mayor/filtracion/historia/deja/descubierto/secretos/politica/exterior/EE/UU/elpepuint/20101128elpepuint_25/Tes
- ↑ "China apuesta por dominar una Corea unificada" artigo en El País, 30 de noviembre de 2010 (en castelán)
- ↑ Der Spiegel, Portada e páxinas do especial sobre as filtracións dos papeis do Departamento de Estado dos EUA -WikiLeaks-.
- ↑ The Daily Telegraph:Jimmy Wales:people think I'm responsible for Wikileaks (en inglés)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: WikiLeaks |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|