Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O 1 de xaneiro é o primeiro día do ano do calendario gregoriano . Quedan 364 días para finalizar o ano , 365 nos ano bisestos .
-45 , entra en vigor o calendario xuliano, que será usado até 1582 .
-42 , o senado decide darlle divindade ao defunto Xulio César .
990 , Rusia adopta o calendario xuliano.
1432 , Yusuf IV é proclamado sultán do Reino de Granada tras unha sublevación popular que destrona a Muhammad IX .
1502 , Brasil : Amerigo Vespucci descobre a baía de Guanabara , onde se fundaría a cidade de Río de Xaneiro .
1504 , entrada triunfal do exército español en Gaeta , co que remata a guerra por Nápoles entre Francia e España .
1515 , o rei Francisco I sucede no trono a Luís XII por falta de descendencia.
1554 , ten lugar en Chile a Batalla de Tucapel e a morte de Pedro de Valdivia. Os mapuches, ao mando de Lautaro, derrotan os españois e dan morte a Valdivia.
1559 , sobe ao trono o rei Federico II de Dinamarca e Noruega .
1567 , pragmática de Filipe II contra a actitude belicosa dos mouros en Granada , orixe da guerra das Alpujarras .
1568 , como ampliación da Pragmática do ano anterior, decrétase por Filipe II que os musulmáns deberán entregar os seus fillos en idades comprendidas entre 3 e 15 anos ás autoridades eclesiásticas para a ensinanza da relixión cristiá e a lingua castelá.
1574 , en Bolivia o conquistador español Santiago Barba de Padilla funda a cidade de Oropesa , que foi chamada Cochabamba a partir de 1786 .
1575 , fúndase en México a vila de Celaya.
1584 , o frade mexicano Martín Durán pronuncia un discurso a favor dos aborixes mexicanos, motivo polo que a Santa Inquisición dá orde de que sexa queimado vivo.
1622 , os Estados Pontificios adoptan o 1 de xaneiro coma inicio do ano.
1644 , en Francia aparece a primeira publicación de Jean-Baptiste Poquelin na que firma baixo o alcume de Molière .
1652 , o físico Johann Lorenz Bausch funda a Academia Naturae Curiosorum .
1679 , en Brasil , Francisco Gil de Araújo en calidade de vicerrei ordena a fundación dunha vila nas beiras do río Guarapari, que corresponde ao estado de Espírito Santo .
1730 En Uruguai fúndase o primeiro cabido na cidade de Montevideo .
1764 , Wolfgang Amadeus Mozart toca en Versalles á idade de 8 anos.
1772 , o futuro presidente de Estados Unidos, Thomas Jefferson casa con Martha Wayles Skelton .
1777
1788 , publicación en Londres do primeiro número do xornal The Times .
1791 , aparece en Lima o primeiro número do xornal El Mercurio Peruano , dirixido por Hipólito Unanue .
1797 , a cidade de Albany substitúe a Nova York coma capital do estado homónimo.
1801
Descubrimento do primeiro asteroide , Ceres , polo astrónomo italiano Giuseppe Piazzi no seu observatorio de Palermo .
Constitúese o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda .
O indio Mariano pronúnciase en México contra das autoridades vicerreinais na serra de Nayarit, e pretende restabelecer o reinado de Moctezuma .
A rexión chilena de La Serena é sacudida por un forte sismo, non se coñece a intensidade nin se provocou mortes.
1804 , Jean-Jacques Dessalines proclama a independencia de Haití , resucitando o antigo nome indio da illa.
1806 , restablecemento en Francia do calendario gregoriano .
1807 , o revolucionario e libertador venezolano, Simón Bolívar chega aos Estados Unidos .
1808 , Serra Leoa transfórmase nunha colonia británica.
1818 , o libertador e político Bernardo O'Higgins proclama a independencia de Chile .
1820 O tenente coronel Rafael del Riego reponse contra o absolutismo en Las Cabezas de San Juan , (Sevilla ), e proclama a Constitución de 1812 .
1821 , a rexión norteña do Pará brasileiro súmase á Revolución Constitucionalista de Portugal .
1824 , en México a xunta gobernativa aproba a Acta Constitutiva da Federación.
1826 , en Cuba pídese apoio do pobo e do goberno para fundar a Academia de Ciencias Médicas, Físicas e Naturais da Habana .
1830 , Anastasio Bustamante asume a Presidencia de México .
1831 , sae ás rúas da cidade de Boston o xornal The Liberator .
1841 , Honduras elixe o primeiro presidente da república, o xeneral Francisco Ferrera .
1849 , en Brasil publícase o chamado "Manifesto ao Mundo" que daría lugar á Revolución da Praia.
1850 , estabelécese en España un novo sistema de franqueo da correspondencia, o selo adhesivo.
1855 , edítase o primeiro censo escocés que recolle os casamentos, os nacementos e as mortes da xente do país.
1860 , vitoria das tropas españolas ao mando do xeneral Prim , na batalla de los Castillejos .
1863 , nos Estados Unidos entra en vigor a Acta de Emancipación para os escravos do sur, asinada polo presidente Lincoln.
1865 , en Chile estabelécese o sistema métrico decimal.
1867 , o químico sueco Alfred Nobel obtén por primeira vez a dinamita de forma industrial.
1868 , o presidente Aristidis Moraitinis renova a súa lexislatura no goberno de Grecia por segunda vez.
1869 , a cidade paraguaia de Asunción é asaltada e saqueada por tropas insurrectas.
1871
1872 , entran en vigor os parágrafos 218 ao 220 do Código Penal alemán, que regulan a interrupción da preñez.
1877 , na India Disraeli consegue o título de "Emperatriz das Indias" para a Raíña Victoria .
1880 , en Panamá comezan os traballos para a construción da Canle de Panamá .
1883 , a Unión Postal Universal recibe un novo membro nas súas filas: Costa Rica .
1888
En España ten lugar a súa Primeira Exposición Universal na cidade de Barcelona .
Iníciase a construción do submarino español (que será chamado "Peral"), e que rematará o 8 de setembro .
1889 , preséntase nos Estados Unidos a primeira lexislación que permite a execución dos presos utilizando a cadeira eléctrica.
1890 , ábrese en Monterrey a primeira institución bancaria do Banco Nacional de México .
1892 , ábrese a illa Ellis , o máis famoso centro de inmigración dos Estados Unidos .
1893 , Xapón adopta o calendario gregoriano.
1896 , Wilhelm Rentgen anuncia o descubrimento dos raios X .
1897 , ten lugar a inauguración do telégrafo submarino que pon en contacto as cidades de Río de Xaneiro e Pernambuco .
1899
O exército español entrega a illa de Cuba a Estados Unidos , que asumiu o seu goberno durante tres anos.
Sae á rúa o xornal La veu de Catalunya .
O goberno dos Estados Unidos concede permiso a Issaquah State Bank para a apertura e xestión dos cartos e intereses do estado.
1901
1903 , aparece o primeiro número do xornal español ABC , de periodicidade semanal.
1905
Novo goberno formado por Paul F. Gautsch von Frankenthurn en Austria tras unhas segundas votacións.
Durante a Guerra Ruso-Xaponesa, tropas rusas réndense na localidade de Port Arthur.
1909 , en Inglaterra a cámara de lores remite ó goberno o prace da acta que permitirá que os anciáns teñan dereito a cobrar unha pensión de xubilación.
1910 , empeza en España o costume de comer doce uvas ao son das doce badaladas da medianoite.
1911
O xeneral Estrada é elixido presidente da República de Nicaragua .
En Australia lévase a cabo o servizo militar obrigatorio coa posibilidade que que os soldados se poidan reenganchar cumprindo un máximo de 30 anos ó servizo da patria.
1912
O Goberno revolucionario chinés proclama a República e designa como presidente provisional ao líder nacionalista Sun Yat-Sen .
Nuns novos comicios lexislativos Daniel E. Howard acada a presidencia de Liberia .
1913 , dimite o xefe do Partido Conservador de España , Antonio Maura .
1914
Entra en servizo a primeira liña aérea regular do mundo, entre St. Petersburg e Tampa, ambas no estado de Florida (Estados Unidos ).
A partir da data, os suecos non poderán comprar máis de 12 litros de licores por trimestre.
Nixeria constitúese nunha colonia británica.
1915
O submarino alemán U-24 afunde o navío de liña británico Formidable diante de Plymouth .
O presidente americano Theodore Roosevelt publica o escrito "America and the World War" .
1916
O político Venustiano Carranza chega a Querétaro , cidade que proclama capital da república.
Unha obra do escritor Clóvis Beviláqua é o detonante para que o goberno de Brasil cree o Código Civil Brasileiro.
1918
1919 , Fundación do Partido Comunista alemán , por Rosa Luxemburg , Karl Liebnecht e Guillerme Pieck .
1921 , en Nicaragua Diego Manuel Chamorro comeza o seu mandato presidencial, caracterizado pola constante axitación.
1923
1924
Estados Unidos cerra a entrada á inmigración xaponesa.
En Australia constrúese o primeiro telescopio respaldado polo orzamento da Commonwealth Solar Observatory. Tamén se constitúe a Asociación Automobilística Australiana.
1925
A capital de Noruega , Cristiana, pasa a chamarse Oslo .
Estrea no teatro Español da obra Hernani , adaptación dos irmáns Antonio e Manuel Machado.
1926
O número de parados en Alemaña alcanza os 2 millóns.
As augas do Rhin alcanzan o seu nivel máis alto desde 1781 .
1927
Primeira emisión da Cadea de Noticias BBC (British Broadcasting Corporation ).
A causa de certas discrepancias, Costa Rica deixa de ser membro da Liga das Nacións.
1929
1930 80 nenos morren nun incendio dun cine en Paisley, cerca de Glasgow (Escocia ).
1931 , comeza a folga de mineiros no País de Gales .
1932 , en Turquía ten lugar a apertura do primeiro Banco Central da República turca.
1934
Entra en vigor a lei ditada polo goberno do Reich "para a prevención da descendencia con enfermidades hereditarias".
Tras novas eleccións, Libia terá un gobernador xeral italiano, Italo Balbo, que dividirá o pais en catro provincias: Trípoli , Benghazi , Derna e Misurata .
Alcatraz convértese oficialmente en cárcere federal.
1935 , a "Associated Press" inaugura o servizo de radiofotos.
1936 , o goberno brasileiro designa a Érico Ennes Torres para a Presidencia do Tribunal de Santa Catarina.
1937 , as tropas nacionais toman a cidade de Porcuna (Xaén ).
1938 , en Brasil Getulio Vargas inicia o Estado Novo , de tendencia fascista.
1939
Convértese nun deber para todas as rapazas españolas menores de 25 anos, cumprir durante un ano co servizo de traballo obrigatorio.
En Alemaña o chanceler Hitler ordena que as tropas de paracaidistas sexan integradas na Luftwaffe .
1942
Australia recibe a visita do portaavións estadounidense USS Langley.
Estréase en París o ballet Bolero , de Maurice Ravel .
Por primeira vez aparece empregado o termo Nacións Unidas baixo un discurso emitido polo presidente norteamericano Franklin Roosevelt .
1943 , finaliza a batalla de Guadalcanal , coa vitoria dos estadounidenses sobre os xaponeses .
1944
Franco négase a recoñecer a república fascista de Salò, constituída por Mussolini .
Estrease nos Estados Unidos a película Going my way , dirixida por Leo McCarey .
Descóbrese a tumba do faraón Menes no Cairo (Exipto ).
Durante a II Guerra Mundial o piloto alemán, Heinz Lange derriba o avión número 50; dun total de 70 que derribará durante a contenda. Seguiralle así o temido "rei dos ases"; Erich Hartmann , un comandante alemán que logrou derribar 352 avións.
1945
O Comité de Lublin declárase Goberno provisional polaco .
Avións xaponeses bombardean o navío estadounidense John M. Clayton ; pola contra Estados Unidos desprega un novo submarino, o USS Requin SS-481 .
1946 , nunha alocución radiofónica, o emperador Hirohito explica a xénese do mito do emperador en Xapón .
1947
1948
1949
Os enfrontamentos entre zulús e mercadores hindús no mercado oeste de Durban (Suráfrica ) causan a morte de 75 persoas.
O doutor Xoán Manuel Gálvez toma posesión da presidencia de Honduras .
Tailandia entra como membro da UNESCO .
1950
1951 , créase o Alto Comisionado das Nacións Unidas para o Refuxiado (ACNUR ).
1952 , Javier de Borbón Parma autoproclámase rei perante un grupo de carlistas.
1953 , ponse en marcha o primeiro plan quinquenal na China .
1956 , Sudán independízase do Reino Unido .
1957
O enxeñeiro alemán Félix Wankel leva a cabo o primeiro percorrido de proba co seu motor de pistón xiratorio.
Francia retorna o territorio do Sarre a Alemaña .
1958
Lánzase o Explorer 1, primeiro satélite norteamericano.
O Exército venezolano rebélase contra o Goberno.
1959
1960
1962
1964
1965 , permítese en España a lectura directa do Evanxeo e as epístolas nas linguas vernáculas .
1966 , República Centroafricana: David Dacko é deposto do seu goberno polo seu curmán, o coronel Jean Bedel Bokassa .
1969
En Checoslovaquia créase un estado federal no que os eslovacos gozan dunha ampla autonomía por parte do estado checo .
Os enfrontamentos entre católicos e protestantes en Londonderry (Irlanda do Norte ) causaron 120 feridos
1970
1971
En Chile o goberno da Unidad Popular nacionaliza a banca privada.
Un tremor rexistrado en Asia central produce un accidente ferroviario en Isfahan (Irán ) que ocasiona 70 mortos e 130 feridos.
1973 , nace a "Europa dos nove", ao meterse na CEE o Reino Unido , Irlanda e Dinamarca .
1974 , asínase un acordo pesqueiro hispanomarroquí polo cal 200 barcos españois poderán faenar nas augas próximas a Marrocos .
1975
1976 , en Venezuela o goberno de Carlos Andrés Pérez nacionaliza a explotación de petróleo .
1979
1980 , manifestantes afgáns e iranianos asaltan en Teherán a embaixada da URSS, nunha protesta pola ocupación de Afganistán .
1982 , Javier Pérez de Cuéllar asume o cargo de Secretario Xeral das Nacións Unidas .
1984 , independízase Brunei .
1985 , 2.500 persoas son desaloxadas en Arcansas (Estados Unidos ) trala fuga dun vagón cisterna de gas fabricado pola Union Carbide.
1986
1987
Maniféstanse en Pequín estudantes a favor da democracia e a clase traballadora.
Promulgase na Unión Soviética a lei de inmigración número 1064 permitindo os xudeus emigrar a Israel .
1989
Entra en vigor o Protocolo de Montreal , ratificado por 29 países e a CE , para protexer a capa de ozono.
Felipe González asume a Presidencia da Unión Europea, sendo o primeiro gobernante español que o fai.
1990 , o presidente do Consello de Salvación Nacional de Romanía anuncia a legalización do multipartidismo e outras medidas para acabar co réxime comunista de Ceaucescu .
1991
Entra en vigor en Alemaña a Lei de Protección dos Embrións.
1992 , Arxentina , o peso substitúe ao austral como moeda arxentina .
1993
1994
1995
1996 , o rei Fahd de Arabia é substituído polo seu medio irmán Abdula.
1997
O ghanés Kofi Annan toma posesión como secretario xeral da ONU , en substitución do exipcio Butros Ghali .
Violentos ataques a estacións e comisarías vascas trala detención dun comando Y.
1998
Centos de persoas, na súa maioría de orixe kurda , chegan ás costas italianas nun barco abandonado pola tripulación.
Dimite o ministro de Exteriores israelí David Levy.
Morren degolados 78 civís no primeiro día do ramadán en Alxeria .
1999
Entra en vigor o euro , a moeda única para once países da UE .
Cincocentos civís son masacrados na rexión de Kivu Sur (República Democrática do Congo) polas forzas rebeldes enfrontadas ao presidente Laurent Kabila.
2000
Entra en vigor a Unión Monetaria Europea.
Juan Jose López Martos, ex conselleiro de Obras Públicas da Xunta de Andalucía , é absolto no "caso Ollero"
O antigo membro dos Beatles George Harrison é apuñalado na súa mansión por un fanático.
2001
Suecia asume a presidencia por quenda da Unión Europea.
Comenza o rally París Dakar.
2002
Entrada en vigor o Euro como moeda única para 12 Estados da Unión Europea .
Tres policías feridos e máis de 30 vehículos incendiados en varios incidentes en Estrasburgo .
2003
Lula da Silva xura coma presidente do Brasil .
Grecia inicia a súa presidencia semestral da Unión Europea.
España ingresa no Consello de Seguridade da ONU para un período de dous anos.
Un cargueiro turco, con 70 000 toneladas de gasóleo a bordo, choca cos restos do casco do buque Tricolor, afundido en augas do Canal da Mancha o 14 de xaneiro tras ser arremetido por outro mercante.
2004
Irlanda inicia o semestre de presidencia da UE.
O Tratado de libre Comercio entre Chile e EUA entra en vigor.
O Parlamento paquistaní ratifica o presidente Pervez Musharraf, como xefe de Estado até o ano 2007 .
2005
Un novo sismo rexístrase no sur de Sumatra , mentres a choiva agrava o risco de epidemias.
Rexístrase un terremoto de 5,3 graos no leste do Xapón , sen causar vítimas.
As inundacións obrigan a desaloxar 2.000 persoas en Sri Lanka .
A axuda internacional comprometida para as vítimas do maremoto alcanza os 2.000 millóns de dólares.
Morren polo menos doce soldados nunha emboscada dos maoístas nunha rexión montañosa do leste de Nepal .
2006 , entra en vigor en España a Lei Antitabaco .
2007
1431 - Papa Alexandre VI , de nome Rodrigo Borja (m. 1503 ).
1449 - Lourenzo de Medici , banqueiro e político italiano , mecenas do renacemento (m. 1492 ).
1823 - Sándor Petőfi , poeta húngaro (m. 1849 ).
1864 - Alfred Stieglitz , fotógrafo estadounidense (m. 1946 ).
1892 - Manuel Roxas , presidente de Filipinas (m. 1948 ).
1901 - Manuel Iglesias Corral , avogado e político galego (m. 1989 ).
1919 - J.D. Salinger , novelista estadounidense (m. 2010 ).
1922 - Bobby Capó , cantante e compositor de Porto Rico (m. 1989 ).
1942 - Alassane Ouattara , ex-primeiro ministro da Costa do Marfil .
1944 - Eloy de la Iglesia , guionista e director de cine vasco (m. 2006 ).
1944 - Omar Hasan Ahmad al-Bashir , presidente de Sudán .
1946 - Rivelino , futbolista brasileiro.
1957 - Antón Patiño Pérez , pintor e escritor galego.
1959 - Azali Assoumani , presidente de Comores .
1959 - Panagiotis Giannakis , xogador e adestrador de baloncesto grego.
1960 - Francis Lorenzo , actor galego.
1962 - Andreu Casadevall , adestrador de baloncesto catalán.
1971 - Baldo Ramos , poeta e artista plástico galego.
1983 - Daniel Jarque , futbolista catalán (m. 2009 ).
1986 - Glen Davis , xogador de baloncesto estadounidense.
898 - Eudes , rei de Francia .
1387 - Carlos II , rei de Navarra .
1515 - Luís XII , rei de Francia .
1578 - Catalina de los Ángeles , relixiosa española .
1617 - Hendrick Goltzius , pintor e gravador flamengo.
1717 - Esteban Bellido Guevara , bispo español .
1864 - Juan Chassaing , poeta, avogado, lexislador e político arxentino .
1894 - Heinrich Rudolf Hertz , físico alemán .
1936 - Lucas Álvarez Cerice , militar e médico cubano .
1937 - Eduardo Ladislao Holmberg , naturalista e escritor arxentino .
1943 - Antonio Alice , pintor arxentino .
1953 - Hank Williams , músico estadounidense .
1962 - Diego Martínez Barrio , ex presidente da II República Española .
1972 - Maurice Chevalier , cantante e actor francés .
1974 - Manuel Peyrou , novelista e xornalista arxentino .
1975 - Kyusaku Ogino , xinecólogo xaponés .
1980 - Pietro Nenni , político italiano .
1984 - Claudio Estrada , compositor e guitarrista mexicano .
1984 - Xoaquín Rodríguez "Cagancho ", matador de touros español .
1984 - Alexis Korner , músico británico .
1986 - Alfredo Binda , ciclista italiano .
1993 - Jean Mayer , investigador francés .
1994 - César Romero , actor estadounidense.
1994 - Thomas O'Neill , político dos Estados Unidos .
1994 - Samuel Bronston , produtor estadounidense de orixe rusa .
1994 - Federica Montseny , política española (n. 1905 ).
1994 - Zino Davidoff , tabaqueiro ucraíno .
1994 - Telly Savalas , actor estadounidense .
1994 - Oscar Hermes Villordo , poeta, novelista e xornalista arxentino .
1995 - Eugene P. Wigner , científico estadounidense de orixe húngaro , Premio Nobel de Física en 1963 .
1995 - Ted Hawkins , músico estadounidense .
1995 - Manuel Rivera , fundador español do Grupo El Paso.
1995 - Agustin Piru Gainza , futbolista español .
1995 - Gabriel Aragón , Gaby, pallaso español .
1995 - Rose Kennedy , decana do clan Kennedy.
1997 - Townes Van Zandt , músico estadounidense .
1998 - Helen Wills Moody , tenista estadounidense .
2000 - Matías Palau , pintor e escultor español .
2001 - Xosé Luis González Marcos , ex deputado socialista español .
Santoral: Santa María, Nai de Deus . Oitava de Nadal (Manuel, Xesús); A Circuncisión do Señor ; Santo Agripino, Odilión, Frodoberto e Xustino (Bispos ); Almaquio, Odilión, Concordio e Almaquino (Mártires); Eufrosia, Beatriz e Eufrosina (Virxes ); Martiña (Virxe e Mártir ); Ada, Fulxencio de Ruspe, Ponfilio e Vicente María Strambi (Confesores ); Odilo e Guillerme (Abades ). Calendario Romano : Calendas de Xaneiro .
Na Igrexa ortodoxa e nas Igrexas católicas de rito bizantino [ editar | editar a fonte ]
↑ Vitz, Evelyn Birge (1991). A Continual Feast: A Cookbook to Celebrate the Joys of Family and Faith Throughout the Christian Year (en inglés) . Ignatius Press. p. 161. ISBN 9780898703849 .