Talmud
|
|
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo e de acordo coas indicacións. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe. |
Cölestin Schleicher representa nesta Jüdische Szene a un rabino ancián dando a súa interpetación de certo asunto a través dunha hagadá procedente do Talmud.
O Talmud (en hebreo: תַּלְמוּד) é un compendio de discusións rabínicas sobre leis, costumes, relatos e tradicións xudías, libro fundamental e de referencia na relixión de Israel. Para o xudaísmo o Talmud sería a tradición oral, entrementres a Torá sería a Lei escrita.[1][2]
Está dividido na Mishná, o compendio de leis e prescricións, compilado no século II, e escrito en hebreo e na Guemará con comentarios do anterior, escrito maioritariamente en arameo. Existen o Talmud de Xerusalén e o Talmud de Babilonia.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "As comparacións entre o xudaísmo eo islamismo". Consultado o 3 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Kóxer". Universidade de Vigo. Consultado o 3 de xaneiro de 2017.
- ↑ Student, Gil. "O que é o Talmud?" (en portugués). Chabad. Consultado o 3 de xaneiro de 2017.