Verdade
A palabra verdade, do latín veritas, ten moitos significados, abarcando desde a honestidade, a boa fe e a sinceridade humana en xeral, até o acordo dos coñecementos coas cousas que se afirman como realidades: os feitos ou a cousa en particular;[1] así como a relación dos feitos ou as cousas na súa totalidade na constitución do TODO, o Universo.
Índice
Características[editar | editar a fonte]
Para o hebreo clásico o termo emuná significa primariamente "confianza", "fidelidade". As cousas son verdadeiras cando son "fiábeia"; fieis, porque cumpren o que ofrecen.[2][3]
Debido a amplitude de significados, o termo non ten unha única definición na que estean de acordo a maioría dos estudosos, e as teorías sobre a verdade continúan sendo hoxe amplamente debatidas. Hai posicións diferentes acerca de cuestións como:
- Que é o que constitúe a verdade.
- Con que criterio podemos identificala e definila.
- Se o ser humano posúe coñecementos innatos ou só pode adquirilos.
- Se existen as revelacións ou a verdade pode alcanzarse tan só mediante a experiencia, o entendemento e a razón.
- Se a verdade é subxectiva ou obxectiva.
- Se a verdade é relativa ou absoluta.
- E até que grao poden afirmarse cada unha de ditas propiedades.
A pregunta pola verdade é e foi obxecto de debate entre teólogos, filósofos e lóxicos ao longo dos séculos, considerándose un tema concernente á alma e ao estudo dunha chamada psicoloxía racional, dentro do campo da filosofía.
Na actualidade é un tema de investigación científica, así como de fundamentación filosófica:[4]
- A investigación científica da función cognitiva [5] introduce novas perspectivas acerca do coñecemento baseado na evidencia como crenza verdadeira con xustificación válida.[6]
- Interesa á lingüística, pois a linguaxe é expresión da propia verdade.
- Interesa á antropoloxía filosófica, pois parece evidente que os seres humanos prefiren a verdade á mentira, e a certeza á dúbida ou ao erro.
- Interesa á socioloxía, por canto o aprecio cara á verdade e a condena da mentira ou do erro varía en intensidade segundo as épocas e as culturas, pois tanto o concepto de verdade como a súa valoración non sempre é o mesmo ao longo da historia e da cultura.
- Interesa á ciencia en canto tal [7] na súa pretensión de coñecemento válido.
- Etc.
A importancia que ten este concepto é que está arraigado no corazón de calquera suposto persoal, social e cultural. De aí a súa complexidade.
A verdade na filosofía[editar | editar a fonte]
A verdade pode ter varios significados, podemos distinguir os seguintes[8]:
- Verdade como correspondencia. Trátase de acepción máis xeral e común. Pode tratarse de:
- correspondencia entre o que se di e a realidade coñecida.
- concepción semántica da verdade, defendida por Aristóteles.
- correspondencia entre o coñecemento e a realidade.
- verdade lóxica defendida polos medievais.
- correspondencia entre o obxecto e o coñecemento, é dicir, a intelixilidade do obxecto.
- verdade ontolóxica ou verdade real. Esta concepción supón que a verdade é un transcendental, é dicir, convertible co ser: trátase do ser respecto da intelixencia; é a realidade como verdadeiro.
- correspondencia entre o que se di e o pensamento, verdade moral.
- correspondencia entre o noso xuízo e a idea da razón.
- concepción da modernidade a partir de Descartes. Aristóteles aclara que a verdade está no pensamento ou na linguaxe, non na realidade. Pero sinala tamén que a realidade é a mediada ou criterio de verdade: algo é vermello non porque se pense ou diga que é vermello senón que se pensa ou di que é porque é realmente vermello.
- Verdade como alétheia ou desvelamento do ser. É común na filosofía grega e aceptada por autores cristiáns. Algo é verdadeiro cando amosa, revela e se presenta como é en realidade. Falso sería o que se mostra de modo distinto a como é. Así, unha moeda é verdadeira se amosa un valor e realmente o ten.
- Verdade epistemolóxica, que é a verdade en canto que concibida por un suxeito e formulada nun xuízo.
- Verdade como coherencia ou conformidade a unha regra ou lei.
- Verdade como coherencia ou non contradición. Así, dicimos que unha teoría científica ou filosófica é verdadeira se entre as súas hipóteses ou principios non hai contradicións.
- Verdade como o útil. Propia do pragmatismo, concíbese como verdadeiro aquilo que se demostra na práctica como eficaz.
Definicións particulares de filósofos[editar | editar a fonte]
Tomé de Aquino[editar | editar a fonte]
Definimos a verdade pola conformidade do intelecto e o real. Coñecer esta conformidade significa coñecer a verdade.
Francisco Suárez[editar | editar a fonte]
A conformidade do coñecemento a que chamamos a súa verdade non consiste en unha semellanza entitativa; tampouco nunha semellanza da imaxe formal, porque esta non se da sen a semellanza nalgunha entidade ou forma real. Consiste, pois, en certa representación intencional, á cal se debe que o entendemento, mediante o acto ou xuízo, perciba a cousa tal como é en si. Dita conformidade é certa proporción e relación debida entre a percepción intelectual e a cousa percibida; proporción que se expresa adecuadamente con estas palabras: "a cousa coñecida é representada ou xulgada tal como é en si", na que non se compara a cousa coñecida consigo mesma tal como é en si senón que se compara o coñecemento ou xuízo do entendemento.
Malebranche[editar | editar a fonte]
É unha verdade que 2 más 2 son 4, ou que 2 más 2 non son 5. E que hai aquí senón unha relación de igualdade entre 2 más 2 e 4, ou unha relación de desigualdade entre 2 más 2 e 5? Deste modo, as verdades non son senón relacións.
Leibniz[editar | editar a fonte]
Hai dúas clases de verdades: as da razón e as de feito. As verdades de razón son necesarias e o seu oposto imposible; e as de feito son continxentes e o seu oposto e posible.
Hume[editar | editar a fonte]
A verdade é de dúas clases, e consiste, ou ben no descubrimento das relacións de ideas, consideradas en canto tales, ou na conformidade das nosas ideas do obxecto ca real existencia destes.
Kant[editar | editar a fonte]
Coñecese e presuponse a definición nominal de verdade, a saber, a conformidade do coñecemento co seu obxecto.
Hegel[editar | editar a fonte]
A verdade e concordancia do concepto coa súa obxectividade. No xuízo comenza esta exposición do concepto e da súa obxectividade, e así o dominio da verdade.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definición de verdade no Dicionario da RAG
- ↑ Ferrater Mora, J. Diccionario de Filosofía. Barcelona: Alianza Diccionarios, 1984.
- ↑ Zubiri, X. Naturaleza, Historia, Dios. Nuestra situación intelectual. La verdad y la ciencia. Véxase para as etimoloxías e interpretacións de sentido da verdade en hebreo, grego, latín, xermánico e indoiraní. páx. 14.
- ↑ Tema de investigación transversal
- ↑ Comezando desde a física até a neuroloxía, pasando polo evolucionismo, a xenética, a bioloxía, a etoloxía, a psicoloxía etc.
- ↑ Tal como xa definiu Platón o coñecemento como ciencia: crenzas ou opinións verdadeiras e xustificadas pola la razón. Teeteto, 201c-210b
- ↑ Epistemoloxía, Metodoloxía e Investigación
- ↑ Rivas García, Manuel; Domínguez Prieto, Xosé Manuel e Lozano Paz, Moises (2005). Diccionario galego de filosofía. Santa Comba. pp. 372–373. ISBN 84-933588-9-4.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Verdade |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Ferrater Mora, J. (1984): Diccionario de Filosofía (4 volumes). Barcelona: Alianza Diccionarios. ISBN 84-206-5299-7
- Habermas, J. (1984): Ciencia y técnica como "ideología". Madrid: Tecnos. ISBN 84-309-1031-X
- Habermas, J. (2001): Acción comunicativa y razón sin trascendencia. Barcelona: Paidos. ISBN 84-493-1308-2
- Heidegger, M. (2004): Lógica. La pregunta por la verdad. Madrid: Alianza.
- Heidegger, M. (2007): De la esencia de la verdad. Barcelona: Herder.
- Honderich, Ted (Ed.) (2001): Diccionario Oxford de Filosofía. Madrid: Anaya. ISBN 84-309-3699-8
- Kant, E. (1978): Crítica de la Razón Pura. Madrid: Alfaguara. ISBN 84-204-0407-1
- Lyotard, J. F. (1984): La condición posmoderna. Madrid: Cátedra. ISBN 84-376-0466-4
- Ortega y Gasset, J. (1976): El tema de nuestro tiempo. La doctrina del punto de vista. Madrid: Revista de Occidente. El Arquero. ISBN 84-292-1009-1
- Padilla Gálvez, J. (2007): Verdad y demostración. Madrid: Plaza y Valdés. ISBN 978-84-96780-19-4
- Popper, K. (1984): La miseria del hisotoricismo. Madrid: Alianza. Taurus. ISBN 84-206-1477-7
- Popper, K. (1984): Sociedad abierta, universo abierto. Conversación con Franz Kreuzer. Madrid: Tecnos. ISBN 84-309-1105-7
- Putnam, H. (1988): Razón, verdad e historia. Madrid: Tecnos. ISBN 84-309-1577-X
- Zubiri, X. (1963): Naturaleza, Historia, Dios. Madrid: Editora Nacional.
- Zubiri, X. (1999): El hombre y la verdad. Madrid: Fundación Xavier Zubiri.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- William Merçay Teoría de la verdad simplificada (en castelán)
- La concepción semántica de la verdad - Por Alfred Tarski. (en castelán)
- Veracidad, por Dietrich y Alice von Hildebrand, y Sentido de la verdad, por Julián Marías (en castelán)
- [1] - Pragmatismo, empirismo y representaciones. Una propuesta acerca del papel epistémico de la experiencia. Daniel Kalpokas (en castelán)
- Filosofía y verdad en Ortega - Por Pedro José Chamizo Domínguez. (en castelán)
- Hermenéutica y verdad teológica - Por Joaquín Silva Soler. (en castelán)
- Lógica y verdad en la fenomenología de Heidegger y Husserl - Por Friedich-Wilhelm Von Herrmann. (en castelán)
- Verdad y perspectiva y otros temas orteguianos - Entrevista a Julián Marías por Violeta Medina. (en castelán)
- Doce tesis acerca de la verdad. Heidegger - Por Jorge Acevedo Guerra. (en castelán)
- http://www.philosophia.cl/articulos/concepto_dialogico_de_verdad.pdf (en castelán)
|