Drusos
|
|
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2015.) |
Os drusos (en árabe: duruzi دروزي, plural: duruzدروز ; en hebreo: druzi דרוזי, pl. druzim דרוזים) son unha minoría relixiosa que habita, principalmente, no Líbano, Israel, Siria, e Xordania. Así mesmo, existen pequenas comunidades de emigrantes drusos nos Estados Unidos, Canadá, América do Sur, Australia, e Europa. Falan o árabe e seguen patróns sociais moi similares aos dos árabes de Oriente Próximo. A maioría dos musulmáns da rexión non os consideran musulmáns, aínda que eles defenden que a súa relixión é o islam. A maior parte dos drusos considérase árabe, aínda que algúns drusos israelís non. Existen ao redor dun millón de drusos no mundo, a meirande parte no Oriente Próximo.
Características[editar | editar a fonte]
En Israel os drusos israelís serven no exército, de forma voluntaria desde 1948, e de forma obrigatoria desde 1956. Os seus privilexios e responsabilidades son as mesmas que as dos xudeus israelís, polo que todos son recrutados, se ben se lles conceden excepcións aos estudantes relixiosos e por outras razóns.
Os drusos chámanse a si mesmos Ahl al-Tawhid ("xentes dun só Deus"), polo que se consideran monoteístas. Discútese cal é a orixe do nome «druso», que se adoita atribuír ao ismaelita Muhammad al-Darazi, morto en 1021, un dos primeiros profetas da seita, considerado un herexe polos drusos actuais.
A relixión, monoteísta e desenvolvida no século X, acepta a lexitimidade dos profetas das tradicións grega, xudeu-cristiá e islámica, incorpora elementos gnósticos e, segundo algunhas fontes,[quen?] cren na reencarnación. Os drusos manteñen en segredo boa parte dos detalles da súa fe (practicando a taqiyya, tomada do islam xií), non aceptan conversións e desaconsellan firmemente o paso dunha relixión a outra. Isto débese en parte a motivos históricos; os drusos foron violentamente perseguidos durante séculos por outras comunidades relixiosas.
Os drusos cren na unidade de Deus. Son monoteístas e a súa teoloxía ten unha visión neoplatónica sobre como interacciona Deus co mundo similar ao gnosticismo e a outras seitas esotéricas. Porén, en contra do que se pensa, non están influídos pola filosofía sufí.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Drusos |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Georges Dagher, Rivoal, Isabelle. Les Maîtres du secret : ordre mondain et ordre religieux dans la communauté druze en Israël, París, Ediciós da École des hautes études en sciences sociales, 2000, 427 páxinas, Cahiers d’études africaines, 162, 2001.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|