
Firefox Developer Edition envía automaticamente as opinións a Mozilla. Máis información
Firefox Developer Edition é o único navegador deseñado exclusivamente para os desenvolvedores, creado tendo moi en conta o seu fluxo de traballo. Por fin pode desenvolver, probar, escalar e moito máis dende o mesmo lugar.
Inspeccione e depure o seu aplicativo dende calquera navegador ou dispositivo con Valence, unha potente extensión preinstalada que só atopará en Firefox Developer Edition.
Céntrese nos tamaños de pantalla coa vista de deseño adaptábel e modifique o CSS sobre a marcha co editor de estilos integrado para codificar cunha definición perfecta.
Firefox Developer Edition incorpora as ferramentas de desenvolvemento máis importantes xunto con algunhas novas máis potentes que amplían a súa capacidade de traballar en múltiples plataformas dende un mesmo lugar. Ten todo o que soe usar, pero mellor. E só co Firefox.
Edite visualmente as animacións HTML e as CSS dunha páxina dende o panel do Inspector. Comprobe o aliñamento,as dimensións e o recheo de calquera elemento usando a regra e as ferramentas de medición.
Máis información sobre as ferramentas de edición visual
Use as ferramentas de edición de código CSS ou de animación incluídas no Firefox Developer Edition para explorar as profundidades do océano e interactuar coas criaturas máis estrañas.
Probe as DevTools Challenger
Examina a frecuencia de imaxes dos seus contidos web, o consumo de memoria e o perfil JS nunha visualización avanzada que lle permite identificar e resolver con facilidade os problemas de rendemento.
Máis información sobre as ferramentas de rendemento
Examina o código HTML e CSS de calquera páxina web e modifica facilmente a estrutura e o deseño dunha páxina.
Máis información sobre o inspector de páxinas
Inspeccione e interactue en tempo real coa API Web Audio e asegúrese de que todos os nodos están conectados na forma que espera.
Máis información sobre o editor Web Audio
Consulte a información de rexistro asociada a unha páxina web e use a consola web para interactuar coas páxinas web a través de JavaScript.
Máis información sobre a consola web
Analiza o código JavaScript e examina ou modifica o seu estado para detectar erros (bugs).
Máis información sobre o depurador de JavaScript
Observe todas as solicitudes de rede que fai o navegador, o tempo que tardan e os detalles de cada unha.
Máis información sobre o monitor de rede
Visualice e edite os estilos CSS asociados cunha páxina web, cree novos estilos e aplique follas de estilo CSS existentes a calquera páxina.
Máis información sobre o editor de estilos
Vexa como queda o deseño do seu sitio web ou aplicativo web en diferentes tamaños de pantalla sen ter que cambiar o tamaño da xanela do navegador.
Máis información sobre a vista de deseño adaptábel
Desenvolva e depure os seus aplicativos en múltiples navegadores e dispositivos con esta potente extensión que ven preinstalada con Firefox Developer Edition.
Máis información sobre Valence