Artigo destacado
|
Fight Club é un filme estadounidense de 1999 baseado na novela homónima de 1996 escrita por Chuck Palahniuk, dirixido por David Fincher con Brad Pitt, Edward Norton e Helena Bonham Carter coma protagonistas. Norton representa o protagonista sen nome, ó que se fai referencia como Narrador, un home insatisfeito co seu traballo de oficina e con problemas de insomnio que forma un "club da loita" co fabricante de xabón Tyler Durden, representado por Pitt, ó que se unen outros homes que queren loitar entre eles por diversión. O Narrador vese envolto nunha complicada relación con Durden e con Marla Singer, representada por Bonham Carter, mentres que o club evoluciona cara a unha organización anticapitalista que leva a cabo un ataque terrorista.
A produtora de 20th Century Fox Laura Ziskin obtivo os dereitos da novela de Palahniuk e contratou a Jim Uhls para escribir a adaptación cinematográfica. Fincher foi un dos directores que os produtores consideraron para ó filme, sendo finalmente o seleccionado polo entusiasmo que amosou en facer a película. Fincher desenvolveu o guión xunto a Uhls e procurou consello para o mesmo no propio elenco de actores e outros membros da industria do cinema. A súa intención era que a violencia de Fight Club servise como metáfora para o conflito entre unha xeración de xente nova e o sistema de valores da publicidade, ademais de copiar as alusións homoeróticas da novela de Palahniuk para incomodar a audiencia e previr que anticipase o xiro argumental da fin do filme.
O filme citouse como un dos máis controvertidos e falados de 1999, obtendo o éxito comercial e de crítica posteriormente trala súa publicación en formato DVD e pasando a estar considerado coma un filme de culto.
|
Sobre Galicia
|
García II de Galicia tamén coñecido por García de Galiza, ou simplemente Don García, nado en 1042 e finado o 21 de marzo de 1090, foi un monarca galego que reinou entre os anos 1065 e 1071. Fillo de Fernando I e Sancha I, herdou o Reino de Galiza, co condado de Portugal, e a protección e parias de Badaxoz e Sevilla. Educouse desde 1053 en Galiza co bispo Cresconio de Iria, xunto a quen aparece na primeira mención coñecida de García, datada nese mesmo ano.
Sánchez Candeira vencella este feito á futura repartición do reino, pois os seus tres fillos educáronse nas terras que despois herdarían (non foi até 1063 que se fixo público o repartimento). Aínda así, García seguiu estando presente na corte, como o testemuñan os diplomas que asinou (en 1056, 1061 e 1063). Unha das mencións do rei García é no relato da viaxe dun grupo de peregrinos de Liexa en 1056 que foron recibidos polo infante e o bispo Cresconio. Pouco antes do seu acceso ó trono, García reclamaba perante a asemblea de xustiza os dereitos na herdanza dunha familia aristocrática da Galiza do norte. Este preito co bispo de Mondoñedo gañouno o infante, constituíndo unha mostra da súa fortaleza e prudencia a pouco de se converter en soberano.
|
Tal día como hoxe no ano...
|
- 1483, é executado en Mondoñedo o mariscal Pedro Pardo de Cela.
- 1770, nace Johann Wolfgang von Goethe (na imaxe), escritor alemán.
- 1903, en Kitty Hawk, Carolina do Norte (Estados Unidos), Orville Wright efectúa o primeiro voo controlado dun avión autopropulsado, o Flyer I, construído xunto co seu irmán Wilbur.
- 1987, morre Marguerite Yourcenar, escritora, primeira muller membro da Academia francesa.
- 1989, celébranse as terceiras eleccións ao Parlamento de Galicia.
- 2001, chegada da terceira expedición á Estación Espacial Internacional.
Hoxe é o Día Nacional en Bután (1907).
|
|
|
Imaxe da semana
|
|
|
Presentación
|
|
|
Participación
|
|
|
Comunidade
|
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 93 755 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 276 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
|
|