A nosa misión
WordPress é un software deseñado para todos, salientando na accesibilidade, rendemento, seguridade e facilidade de uso. Cremos que un gran software debería funcionar cunha configuración mínima, para que poidas centrarte en compartir a túa historia, produto ou servizos libremente. O software WordPress básico é simple e predicible, para que poidas empezar facilmente. Tamén ofrece potentes características para que crezas e triunfes.
Cremos na democratización da publicación e nas liberdades do código aberto. Hai unha gran comunidade de persoas colaborando e contribuíndo neste proxecto para apoiar esta idea. A comunidade WordPress é acolledora e inclusiva. A paixón dos nosos colaboradores impulsan o éxito de WordPress que, en compensación, axúdache a alcanzar os teus obxectivos.
Hai contribuidores de WordPress traballando en todo o mundo, dedicando moitísimas horas á construción dunha ferramenta que democratice a publicación. WordPress é un software de código aberto gratuíto que, ao tempo, non ten prezo.
A tecnoloxía
Aprende máis sobre WordPress, de onde vén e cara onde vai.
Polo miúdo
Hai moita información nas miudezas. Non perdas detalle.
A xente
Aprende máis sobre a comunidade e como entrar en contacto.
A nosa historia
WordPress comezou en 2003, cando Mike Little e Matt Mullenweg crearon un fork de b2/cafelog. Xa entón tiñan clara a necesidade dun sistema de publicación persoal elegante e ben estruturado. Hoxe, WordPress está construído sobre PHP e MySQL, e con licenza GPLv2. Tamén é a plataforma escollida por máis do 31% de todos os sitios na web.
O próxecto de código aberto WordPress foi evolucionando progresivamente — co apoio de entusiastas e talentosos desenvolvedores, deseñadores, científicos, blogueiros e máis. WordPress ofrécelle a calquera a oportunidade de crear e compartir, desde anécdotas persoais a movementos que poden cambiar o mundo. Os que teñen pouca experiencia en tecnoloxía poden empregalo desde o primeiro momento, e os que saben máis poden personalizalo de xeitos sorprendentes.
Declaración de Dereitos
WordPress está suxeito á licenza General Public License (GPLv2 ou posterior), que fornece catro liberdades fundamentais. Considera isto como a Declaración de Dereitos de WordPress:
A 1ª liberdade
To run the program for any purpose.
A 2ª liberdade
To study how the program works and change it to make it do what you wish.
A 3ª liberdade
To redistribute.
A 4ª liberdade
To distribute copies of your modified versions to others.