Firefox para Android ofrécelle aínda máis oportunidades para personalizar a súa experiencia.
Quick Share, a forma máis flexíbel para compartir todo. Lembra os aplicativos máis usados ultimamente para axudarlle a divulgalos como queira.
Vexa como funciona
Personalice os paneis de Inicio cos contidos web que queira. A continuación, pode acceder ao instante ás súas fontes favoritas como Instagram ou Pocket Hits.
Vexa como funciona
Amosa os paneis de inicio na orde que queira ou engada, agoche ou elimine paneis para manter o máis importante ao seu alcance.
Máis información
Engada calquera buscador e estabelézao como predeterminado. Ou cambie o buscador en calquera momento polo que mellor se adapta ás súas necesidades de busca e privacidade.
Vexa como funciona
Goce dunha experiencia de lectura máis agradable coa vista de lectura e a lista de lectura. Acceda aos artigos que gardou aínda que non teña conexión á Internet.
Obteña máis información sobre a lista de lectura
Cambie fácil e rapidamente o idioma do seu navegador, sen ter que modificar a configuración de todo o dispositivo nin reiniciar o navegador.
Máis información
Envíe contido web e de vídeo dende o seu móbil ou tableta a calquera televisión de última xeración.
Máis información
Cremos que a súa información persoal só lle pertence a vostede. Firefox para Android está cheo de características para que así sexa.
Navegue sen que se garde o seu historial, as buscas ou as cookies, e bloquee a terceiros para que non o sigan na Web.
Máis información sobre a navegación privadaBorra o historial de navegación, os contrasinais e moitos máis cun simple toque. Escolla os datos privados que quere retirar sempre que necesite facelo.
Aprenda como limpar o historialComparta o seu navegador cos amigos e familia sen preocuparse de que alguén vai ver as actividades en liña dos demais.
Aprenda como compartir o seu navegadorLeve os contrasinais, marcadores, lapelas abertas e moito máis a calquera lugar que vaia. Use Sync no seu móbil ou tableta para acceder sempre ao que precise do seu computador (e viceversa) sen ter que lembrar un só URL.
Máis información sobre Sync